RIBADEO (FNC) .- ACISA e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo sortean 1.500 euros en vales de compra na campaña de San Valentín que se prolongará desde hoxe ao 14 de febreiro.
A xerente do CCA, Beatriz Irigoyen, explica que “en vista do éxito da campaña do ano pasado quixemos repetir o formato. Os clientes que realicen as súas compras entre o 5 e o 14 de febreiro nos establecementos asociados ou consuman en hostalería recibirán unhas papeletas en deberanas pór o seu nome e o seu número de teléfono. E o día 18 pola tarde na oficina do CCA terá lugar o sorteo de forma directa. Sacaremos as papeletas e chamaremos directamente ao premiado ou premiada”.
O primeiro premio é un vale de compra por importe de 1.000 euros que o afortunado deberá consumir nos establecementos asociados a ACISA e o CCA o día 20 de febreiro. Irigoyen subliña que “devandito premio é para consumir nun só día e a data elixida é o 20 de febreiro, un sábado” nestes tempos que corren de crises é interesante e divertido poder facerse con este vale?. E os cinco premios de 100 euros cada un canxeables nos restaurantes asociados “son para consumir nunha comida familiar, nunha cea de parella ou de amigos. Estes vales han de ser gastados o 20 ou o 21 de febreiro”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



