Mañá é San Blás, e con él encétase a ringleira de festas que ó longo do ano se celebran no concello de Foz. A capela atópase en Vilaxoane, ó iniciarse a estrada que leva a San Martiño, nun entorno que hai preto de 40 anos, no libro “Guía histórica e artística de San Martiño de Mondoñedo”, describimos así: ”O Centiño, antes da desembocadura, parece converterse en río escapado dun belén. O panorama que ofrece ó visitante encerra a dozura e corido dun xigantesco Nacemento disposto para celebrar, con campás de alegría, a Natividade do Señor. As figuras son todas naturais e o conxunto ofrece a visión dun paraxe encantador. “As augas, ledas e brincadeiras; as rústicas pontes que o cruzan; os arbustos que o arrodean; os muíños, que cumpren só unha función decorativa; as ladeiras dos breves montículos que baixan ó río salpicadas de casiñas; o son que produce (producía) os golpes sobre a bigornia do ferreiro que alí, à sùa veira ten (tiña) a fragua; a frecuencia de animais polas beiras do río… e alá arriba, branca coma unha pomba, a ermida de San Brais”. Esta capela, coas do Pilar da Espiñeira e a desaparecida de San Xoan, dentro da finca que arrodea o Asilo, pertencían ó condado de Guimonde, cuias propiedades foron liquidadas polo maordomo a finais do século XVIII, ó finar sen descendencia o último conde, e polo tanto desmantelado o condado.É tradición que o nome de Vilaxoane débese a unha filla dos devanceiros chamada Xoana, de aí que na súa honra o pai denominara o lugar como Vilaxoana. Aquí naceu Alvaro Núñez de Isorna, que no século XV foi bispo de Mondoñedo, León, Cuenca e Santiago.
As xentes de Foz son devotas de San Brais, e en especial o día da súa festa son moitas as que se achegan a visitalo e perdirlle a protección, pois xa se sabe que é abogado da garganta e perdura a tradición de “poñer o santo” ó tempo que pedíndolle a defenda de toda enfermidade, toca a imaxe cun pano que se aplica á gorxa.Pero sen dúbida os mais devotos son os veciños do lugar e eles, a través dos tempos, foron quen se ocuparon de conservar e atender a ermida, que presenta un magnífico aspecto.


















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



