Cervo, 13 de xuño, 2026. Cervo será o escenario da XVII Exaltación da Carne de Porco, unha cita xa consolidada no calendario festivo e gastronómico do municipio, que se celebrará o vindeiro sábado 20 de xuño da man da Asociación Cultural Airiños do Xunco.
No acto de presentación participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e os concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández, xunto a membros de Airiños do Xunco, na propia Praza do Souto, lugar onde terá lugar a celebración.
A rexedora puxo en valor o labor da asociación na dinamización social e cultural da parroquia e do conxunto do municipio. “É de xustiza recoñecer o enorme traballo que realiza Airiños do Xunco ao longo de todo o ano. Grazas ao compromiso das persoas que forman parte desta entidade, Cervo conta con actividades que manteñen vivas as nosas tradicións, fortalecen os lazos entre xeracións e dinamizan a vida social da localidade, neste caso arredor dun dos produtos máis representativos da nosa gastronomía popular”, destacou a alcaldesa, quen agradeceu “a implicación da organización e de todas as persoas colaboradoras que fan posible este evento”.
A programación comezará ás 12:00 horas cunha degustación de tapas elaboradas a base de carne de porco nos establecementos colaboradores.
A Sacabeira: albóndegas e orella con pementón
O Almacén: ensalada de andares selectos e fígado
O Caseto de Copa: guiso de costela e chourizo ao inferno
Xa pola tarde, ás 20:00 horas, celebrarase a tradicional Exaltación da Costela de Porco, cunha ración composta por costela, chourizo, pan e viño, ao prezo de 7 euros. A organización anunciou tamén que haberá diferentes sorteos ao longo da xornada.
A festa culminará ás 22:00 horas co Guateque de Arruguiñas, amenizado polo Dúo Eclipse.
A XVII Exaltación da Carne de Porco está organizada pola Asociación Cultural Airiños do Xunco e conta coa colaboración do Concello de Cervo.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



