Ribadeo, 8 de xuño de 2026. Este mércores, 10 de xuño, terá lugar unha charla de Arelas. A actividade enmárcase na programación do Orgullo LGTBI de Ribadeo.
Desde o CIM indican que “o Orgullo tamén é aprender, escoitar e acompañar”. E explican que “dentro da programación do Orgullo LGTBI de Ribadeo, temos o pracer de contar coa charla de ARELAS, asociación de familias de infancia e mocidade trans de Galicia, unha entidade de referencia no acompañamento, apoio e visibilización das realidades trans. Trátase dun espazo para coñecer mellor as vivencias da infancia e mocidade trans, resolver dúbidas e derrubar prexuízos. Porque celebrar o Orgullo tamén significa promover a empatía e garantir que todas as persoas poidan vivir con liberdade e dignidade”.
A charla será impartida por Cristina Palacios, traballadora social de Arelas, no Salón dos Alcaldes, ás 19:45 horas.
Desde o CIM e desde a Concellería de Igualdade animan a asistir: “anímate a participar e axúdanos a construír un Ribadeo máis diverso, igualitario e acolledor para todas as persoas”. Para calquera información o teléfono do CIM é 982 120 739.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



