Cervo, 8 de xuño, 2026. O alumnado e o profesorado do CEIP de Cervo participou durante o pasado mes de maio no encontro final do proxecto estatal Cada Gota Conta, celebrado nos Pireneos e integrado no programa de Agrupacións de Centros Educativos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, coa colaboración do Concello de Cervo.
Esta mobilidade puxo o broche final a dous cursos de traballo colaborativo entre centros educativos de diferentes comunidades autónomas arredor da sustentabilidade, o uso responsable da auga, a inclusión educativa e as metodoloxías STEAM.
Durante a estancia, os participantes compartiron experiencias, aprendizaxes e actividades vinculadas á conservación do medio ambiente, fortalecendo ao mesmo tempo os lazos de convivencia e cooperación creados ao longo das mobilidades desenvolvidas en Cartagena, Asturias, Lugo, Gran Canaria e Elda.
O encontro permitiu ao alumnado traballar de forma conxunta con compañeiros e compañeiras doutros territorios, intercambiar ideas e descubrir a riqueza cultural e educativa das comunidades participantes. Ademais, o excepcional contorno natural dos Pireneos converteuse nunha auténtica aula ao aire libre, onde puideron coñecer de primeira man a importancia dos ecosistemas acuáticos e reflexionar sobre a necesidade de protexelos.
O proxecto Cada Gota Conta naceu co obxectivo de concienciar sobre a importancia da auga como recurso esencial para a vida, promovendo valores como a inclusión, a igualdade, a sustentabilidade e a cidadanía responsable. A iniciativa foi unha das mellor valoradas a nivel estatal e permitiu que alumnado e profesorado traballasen de maneira coordinada durante dous anos.
Desde o CEIP de Cervo destacan o valor educativo e humano desta experiencia, que lles permitiu ampliar coñecementos, desenvolver competencias clave e crear vínculos con estudantes doutras partes do Estado, consolidando unha aprendizaxe baseada na colaboración, o respecto polo medio ambiente e o compromiso cun futuro máis sostible.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



