A primeira fase da actuación permitirá substituír integralmente a tubaxe de auga mediante unha nova rede de PVC e quedará completada nun prazo estimado de tres meses
Vilalba, 8 de xuño de 2026. O Concello de Vilalba vén de aprobar a execución das obras de renovación da rede de abastecemento da rúa Cidade de Viveiro, unha actuación prioritaria debido ao avanzado estado de deterioro da infraestrutura e ás continuas avarías rexistradas nos últimos anos.
Nunha primeira fase, os traballos centraranse na substitución integral da tubaxe de abastecemento de auga, considerada a intervención máis urxente para garantir a continuidade e fiabilidade do servizo. O Concello conta xa co proxecto técnico e cos informes que avalan a necesidade desta actuación, que permitirá dar resposta a unha situación que leva máis dunha década xerando incidencias recorrentes na zona.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, subliñou que “coa aprobación desta obra damos un paso decisivo para afrontar unha situación que levaba anos provocando problemas continuos á veciñanza e que xa non podía seguir resolvéndose unicamente con actuacións puntuais”. Engadiu ademais que “somos conscientes das molestias ocasionadas polas avarías e por iso priorizamos unha intervención estrutural que actúe sobre a causa do problema”.
As roturas na rede veñen producíndose de forma continuada desde 2013, cun incremento notable das incidencias nos últimos anos, o que confirma o progresivo deterioro da infraestrutura e a perda da súa capacidade estrutural.
O concelleiro de Servizos Públicos Municipais, Eduardo Vidal, explicou que a actuación permitirá renovar completamente a rede mediante a instalación de novas conducións adaptadas ás necesidades actuais, reducindo de maneira significativa o risco de novas avarías. Detallou tamén que os traballos incluirán a retirada das tubaxes existentes e a instalación dunha nova rede de PVC, así como novas válvulas para modernizar o sistema.
O prazo estimado para a execución desta primeira fase é de tres meses desde o inicio efectivo das obras. O Concello precisa que esta intervención non incluirá, polo momento, a renovación da estrada nin das beirarrúas, actuacións que quedarán para unha segunda fase.
Marta Rouco concluíu destacando que “a renovación integral da rede de abastecemento era a actuación máis urxente, porque sen resolver esta infraestrutura non tería sentido acometer outras melloras na rúa”. A rexedora asegurou que o Concello seguirá traballando para avanzar na mellora integral deste entorno e dar resposta a necesidades que permaneceron sen solución durante demasiado tempo.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



