19 de Marzo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Di o PSOE de Cervo que “a única inversión do PP na Atalia e no Porto foi o feismo e o cemento”

23-07-10

NOTA DE PRENSA:
A ÚNICA INVERSIÓN DO PP NA ATALAIA E NO PORTO FOI O FEISMO E O CEMENTO
Queremos recordarlle ao concelleiro de obras e urbanismo, que no pleno do mes de xuño onde se aprobaron os orzamentos, o alcalde votou en contra da execución do abastecemento do porto de arriba

CERVO, 23 DE XULLO. O GMS quere recordarlle ao Sr Balseiro que no pasado pleno onde se aprobaron os orzamentos municipais, o alcalde de Cervo votou en contra de chegar a acordos para modificar partidas e así permitir que as obras de saneamento e reposicións das rúas fora unha realidade. A enmenda presentada polo GMS tivo os votos en contra do PP, polo que as críticas do Sr Balseiro están fora de contexto e son autenticamente demagóxicas.

Dicir que o PP inverteu cartos no porto de arriba e a Atalaia é un insulto aos veciños que realmente teñen que padecer as continuas roturas e molestias derivadas dunha rede obsoleta e unhas rúas desfeitas e instamos ao equipo de goberno a que visite esta zoa, para que comprobe in situ do que estamos a falar.
Destruír a toda costa

O que si fixo o PP nestes anos foi destruír o que estaba ben feito, e desta maneira solicitou cartos a Costas para empregalos en tirar un mirador e os servizos da praia de Cubelas, unha obra realizada polo anterior goberno socialista e moi ben recibida polos veciños e turistas, que aínda hoxe se preguntan coma foi posible este cambio para mal. Agora, os accesos son “inaccesibles” para persoas con dificultades de mobilidade e cadeiras e os servizos e duchas están apartados da zoa de baño e polo tanto non dan servizo. A area está chea de restos de ladrillo e materias pasando un ano tras outro sen que se retiren por parte do Concello. Unha auténtica desfeita.
A labor da oposición, mais necesaria que nunca

Aínda que ao alcalde e concelleiros do PP de Cervo lles pese, imos seguir mais que nunca demostrando o que a todas luces é unha realidade, a vagancia e pasividade do equipo de goberno, rota unicamente cando o GMS denuncia mediante fotos e notas de prensa o que ocorre coas instalacións e infraestruturas municipais. Desta maneira, tras as denuncias do GMS, as fochas das rúas do porto de arriba foron pechadas tras varios meses abertas.

Agora toca que o equipo de goberno volva a dar un paseo polas zoas de esparcemento da Atalaia, que nada mais inaugurarse foron abandonados a súa sorte, coma todas as cousas que se inauguran en Cervo. Así as áreas recreativas e zoas de xogos están tomadas pola maleza e vexetación, posto que o “mantemento” para este goberno, é unha palabra que non está no seu dicionario. Esperamos que tras esta nova denuncia, se faga o milagre.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive