22 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG instará a Costas a completar a escavación do castro da Atalaia de San Cibrao

20-07-10

NOTA DE PRENSA:
CUSTOU MOITOS ESFORZOS CONVENCER AO GOBERNO LOCAL DA IMPORTANCIA DO CASTRO DA ATALAIA E A NECESIDADE DA SÚA CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR

Os nacionalistas rexistrarán una iniciativa no Congreso que insta a Costas a completar a escavación arqueolóxica en terreos de titularidade pública

A conservación do xacemento non e compatíbel con ningunha construción o que obriga a Cultura a negociar unha solución co promotor que ten licenzas concedidas para 58 vivendas

Cervo, 20 de xullo de 2010. A resolución da Dirección Xeral de Patrimonio, anunciada nos medios de comunicación, adheríndose aos dous informes emitidos pola Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Lugo na que decreta a conservación in situ dos restos arqueolóxicos da Atalaia e a incompatibilidade dos proxectos construtivos con licenza municipal previstos para a zona obriga a negociar co promotor que ten concedidas licenzas municipais de construción na zona, ademais de recomendar a escavación arqueolóxica en terreos de titularidade pública. Os nacionalistas presentarán iniciativas no concello e no Congreso dos Deputados instando a Costas a que se implique na escavación e recuperación en terreos de titularidade pública e á Consellaría de Cultura a buscar acordos co promotor que permitan a recuperación do xacemento sen novas construcións que desvirtúen o disfrute público do achado.

A Veciños, asociacións de conservación do patrimonio e o BNG traballaron nos últimos anos para impedir a destrución do xacemento e promover a súa conservación.

Da existencia de restos arqueolóxicos relevantes na Atalaia sabíase oficialmente pola publicación do avance do PXOM en xullo de 2004, tamén con anterioridade por algunha publicación da historia de San Cibrao, aínda así o goberno local non puxo impedimentos nin solicitou informes á Dirección Xeral de Patrimonio cando en novembro e decembro de 2006 e abril de 2007 lle foron solicitadas licenzas de construción na zona; incluso chegou a presentar un recurso contra a súa inclusión no Inventario de Bens da Dirección Xeral de Patrimonio en xuño de 2007. “E por tanto unha gran satisfacción saber que a Dirección Xeral de Patrimionio resolve a protección do xacemento que colma as aspiracións de protección dun ben cultural e histórico que ademais debe ser un recurso que traia beneficios, tamén económicos ao conxunto dos veciños e veciñas de Cervo.”

Iniciativa no Congreso dos Deputados para buscar o financiamento de actuacións en terreos de titularidade pública de Portos do Estado

O BNG por mediación do Deputado no Congreso, Francisco Jorquera, quen visitou recentemente o Castro da Atalaia, presentará iniciativas no Parlamento do Estado nas que se insta ao goberno central a financiar escavacións arqueolóxicas para a recuperación do xacemento en terreos de titularidade de Portos do Estado, tal como recomendan os informes emitidos pola Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Lugo “para recuperar así un conxunto de notábel interese para a historia antiga e medieval da Mariña Luguesa”. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, “agarda a boa acollida desta iniciativa que xa lle transmitimos ao Subdelegado do Goberno do Estado en Lugo, nunha recente visita a Cervo”. Para Estúa, “con esta actuación, o Castro da Atalaia pasaría a ser o xacemento arqueolóxico destas características mais extenso e importante dos descubertos até o momento na Mariña e posibelmente de toda a costa cantábrica.”

En paralelo presentarán unha moción no ámbito local que apoiaría esta iniciativa onde tamén se insta Xunta de Galiza a chegar a acordos co promotor que ten licenzas de construción na zona.

Para completar a iniciativa no Congreso, os nacionalistas promoverán un acordo plenario en Cervo que busca apoiar a presentada no Parlamento do Estado e tamén insta a que a Xunta de Galiza “busque acordos co promotor que ten licenzas municipais de construción na zona para 58 vivendas”, “non sería lóxico que despois de avalar informes arqueolóxicos que falan da importancia do xacemento, a Consellaría de Cultura admitise a súa compatibilidade coa construción de edificios no mesmo espazo”, sinalou Estúa, quen ademais engadiu que “de facerse doutro xeito, o BNG traballará intensamente como o fixo até agora para evitalo”

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive