22 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A concelleira de Medio Ambiente de Cervo cree que é tarde para limpar as estradas

21-08-10

Nota de Prensa

ARMADA QUERE SABER SE A EDIL LOCAL E VICEPRESIDENTA SEGUNDA DA DEPUTACIÓN É  A RESPONSABLE DE QUE OS TRABALLOS DE MANTEMENTO DAS ESTRADAS PROVINCIAIS DE CERVO DERAN COMEZO NA DERRADEIRA SEMANA DE AGOSTO

o A edil de Medio Ambiente asegura que o inicio nestes días dos traballos de roza das cunetas por parte do ente provincial non pode agochar o “abandono de responsabilidades” demostrado polo Goberno de San Marcos no que se atopa a cervense Lara Méndez

Cervo, 21 de agosto de 2010.- A concelleira de Medio Ambiente de Cervo, Pilar Armada, afirmou que os traballos de limpeza nas estradas provinciais do termino municipal de Cervo que se están a facer estes días “chegan desgraciadamente moi tarde” e dixo estar especialmente interesada en coñecer se este “flagrante atraso” se debe ou non á “deixadez, neglixencia e irresponsabilidade da vicepresidenta segunda da Deputación e concelleira socialista en Cervo, Lara Méndez”.

A edil popular dixo que “ao parecer, os responsables da Deputación -con Lara Méndez á fronte- decatáronse por fin de que aquí tamén teñen estradas da súa competencia e que ao igual que as do resto da provincia, tamén necesitan de labores periódicas de mantemento”.

Para Armada, os traballos que está a facer estes días a Deputación nas súas estradas do termino municipal de Cervo non poden agochar “a indolencia, inoperancia e abandono de responsabilidades” do grupo de Goberno provincial.  Para a responsable local de Medio Ambiente, aínda que estes traballos de roza e limpeza “non veñen mal”, chegan “tarde e a rastro”.  O que demostra, segundo ela, “unha vagancia e inoperancia dos responsables provinciais -entre os que figura unha concelleira desta corporación- que nestes tres anos e medio se teñen caracterizado por ter sempre os seus deberes sen facer e pola folganza en todo o que teña que ver co Concello de Cervo” recalcou a edil do grupo de Goberno cervense.

A responsable local en materia medioambiental botou man da ironía para recordarlles aos responsables do organismo provincial que en Cervo “aínda que poda parecer mentira, o verán chega casualmente ao mesmo tempo que na capital da provincia; e o lóxico sería que fixeran estes traballos en xuño e non na última semana de agosto, cando a densidade de tráfico polas estradas é moito maior; e os que as utilizan atópanse cun estado das carreteiras semi salvaxe. Isto debería de sabelo tamén a señora Méndez, aínda que parece que xa lle esqueceu dende que non vive en Cervo” afirmou.

Armada lamentouse do mal estado que presentaron as estradas provinciais durante estas datas. “Algo que veciños e visitantes teñen aínda desgraza de sufrir porque a día de hoxe aínda faltan moitas vías por limpar, como a que vai de Cuíña a Cervo. E isto a pesares de que dende o Concello remitimos á Deputación reiteradas comunicacións ao respecto, sen que ata o de agora se dignaran a contestar nin sequera a un so dos múltiples escritos que lles enviamos solicitando que acometeran a limpeza das estradas da súa competencia, tal e coma é a súa obriga”

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive