08 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Torneo de bolos “San Bartolo 2010” en Xove

19-08-10

Por terceiro ano a Concellería de Cultura de Xove organiza o Torneo de bolos San Bartolo na bolera do  campo municipal de fútbol de Xove o sábado 21 de agosto a partires das 4 da tarde.  A este torneo está previsto que acudan numerosos xogadores, tanto do club local, o Club de Bolos Xove, como xogadores doutros clubs da provincia. A organización dispuxo para este importante evento deportivo 4 trofeos, deles 3 para os tres primeiros e un trofeo para mellor bolada.  Este torneo vai servir como rodaxe para os xogadores ata que comece a XXII Tirada de Bolos o vindeiro 9 de outubro.  A inscrición para esta competición é totalmente libre e gratuíta.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive