19 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Aseguran desde o PSOE que A Mariña de Lugo é unha das zonas mais castigadas pola nefasta política de Feijoo

18-09-10

Nota de Prensa

Encontro dos socialistas mariñaos en Burela
RICARDO VARELA: “SI HOXE HAI ALGO PARADO EN GALICIA SON AS INVERSIÓNS DE NÚÑEZ FEIJOO”

-O Secretario provincial do PSOE lucense Ricardo Varela denunciou que o Partido Popular esquece as necesidades de todos para beneficiar os intereses duns poucos, eso si con carne de militante do PP.

-Dixo que a mentira e a patraña son as especialidades do PP “o único que queren é confundir a poboación para non dar conta da súa ineficacia”, asegurou

– O deputado Ismael Rego afirmou que A Mariña de Lugo é unha das zonas mais castigadas polas nefastas consecuencias da política de Feijoo.

Monte Castelo (Burela), 18 de setembro de 2010. Os socialistas mariñanos mantiveron unha comida na localidade lucense de Burela , no Monte Castelo, un encontro que xa celebra a súa 6ª edición. Ao xantar asistiron representantes de tódalas agrupacións socialistas da Mariña lucense, ademais de cargos orgánicos do Partido como o deputado e secretario provincial Ricardo Varela, a deputada no Congreso Margarita Pérez Herraiz, o senador Luis Angel Lago Lage, ademais do deputado da comarca Ismael Rego e o alcalde de Burela, Alfredo Llano.

O Secretario provincial do PSOE lucense Ricardo Varela asegurou neste encontro que o PSOE é un partido que se preocupa polos problemas dos cidadáns “como a educación, o emprego, o rural a sanidade”. Subliñou tamén que xestiona mellor que ninguén os intereses dos concellos, e denunciou que o Partido Popular esquece as necesidades de todos para beneficiar os intereses duns poucos, eso si con carne de militante do PP.

Varela fixo alusión aos recortes en inversións previstos polo Goberno de Feijoo nos vindeiros orzamentos. Replicou que o único Goberno comprometido coa provincia de Lugo e con Galicia en xeral “é o goberno de Zapatero”. E advirte “si hoxe hai algo parado en Galicia son as inversións da Xunta”, como hoxe reflicten os medios de comunicación “e seguiremos parados cos vindeiros orzamentos”.

O dirixente socialista lembrou as inversións do Goberno de Zapatero na nosa Comunidade, e sinalou as infraestructuras como a ponte de Lugo, a autovía do Cantábrico, a autovía de Santiago, a autopista do Mar de Vigo, a ampliación de Rande  como exemplos de proxectos con futuro para Galicia. Ricardo Varela contrapuxo estes compromisos coa deixadez do Goberno de Feijoo como “as paralizacións da VAC Ferrol-San Cibrao, as listas de espera do Hospital da Costa as mais altas da Comunidade e as residencias da 3ª idade que seguen pechadas como a de Monforte e de Viveiro”.

Por último dixo que a mentira e a patraña son as especialidades do PP “    o único que queren é confundir a poboación para non dar conta da súa ineficacia”. E envíolles unha mensaxe “a mentir a Roma”, ironizou o deputado.

O deputado Ismael Rego tamén tivo palabras moi duras para os populares. Argumentou que A Mariña de Lugo é unha das zonas mais castigadas polas nefastas consecuencias da política de Feijoo. Denunciou que a maior inversión do Goberno de Feijoo na Mariña en educación “é a demolición do centro educativo Rivera Casas”, xa que asegura que o único fin deste derribo “son os fins especulativos”. Explicou que cos cartos que inviste a Xunta neste derribo poderíanse pagar os libros de texto a tódolos escolares da Mariña e poñer comedores gratuítos. Tamén puxo en valor a xestión de Zapatero, e cualificou ao Presidente “como o mellor alcalde de España, xa que permitiu triplicar o financiamento de tódolos concellos”.

Por ultimo o alcalde da localidade Alfredo LLano amosouse disposto a seguir traballando por Burela para que siga sendo socialista e solidaria, pero sobre todo para seguir “vixiante dos dereitos dos veciños e das veciñas de Burela coma acadar unha sanidade e unha educación publica de calidade”, resumiu.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive