15 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Comeza a Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón no Cine Teatro de Ribadeo

16-09-10

Nota de prensa:
MAÑÁ COMEZA EN RIBADEO A MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO DANIEL CORTEZÓN. AS REPRESENTACIÓNS SERÁN GRATUITAS E TERÁN POR ESCENARIO O CINE TEATRO.
Ribadeo, 16 de setembro de 2010. Mañá comeza en Ribadeo a Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. As representacións serán gratuitas e terán por escenario o Cine Teatro.
A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, convida “a todos os veciños e visitantes a que acudan á VIII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. Unha cita que naceu hai oito anos da man da persoa a que quixemos homenaxear no seu momento por ser un escritor relevante no teatro e pola colaboración que tivo coa Concellaría de Cultura e co pobo de Ribadeo. Quizáis este ano sexa moi especial porque será o primeiro no que non estará con nós Daniel Cortezón, celébrase ese aniversario do seu falecemento, aínda que as datas non coinciden, e a cita ten un significado moi especial. Este ano queremos homenaxear aínda máis a súa figura e darlle as grazas por todo o que contribuiu ao teatro e a colaboración expresa co Concello”.
A edil nacionalista subliñou que “as representacións serán no Cine Teatro de Ribadeo e as entradas son gratuitas. A mostra empeza mañá e remata o domingo. Inauguramos a mostra o venres ás 20:30 horas co grupo de teatro do instituto Vilar Ponte de Viveiro, dirixido por María Lozano. Porán en escea Aventuras e desventuras do Camiño de Santiago. O sábado haberá unha obra para os máis pequenos e para o público familiar. Ás 17:30 horas a compañía de Narón Aturuxo de Melpómene porá en escea As tres mosqueteiras en procura de D’Artagnan e logo remataremos o domingo cunha compañía de Santiago Tangatutanga que recibiu numerosos premios tanto á mellor dirección como á mellor posta en escea por esta representación. A obra que traen a Ribadeo é un crítica humorística denominada Aberto por folga, cabaré laboral”.
Mariluz Álvarez Lastra dixo que “os que acudan ao Cine Teatro disfrutarán desta mostra na que veremos un nivel excepcional do teatro afeccionado”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive