18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Alfoz presentará unha iniciativa diante a Consellería de Educación sobre o transporte escolar para instituto de Burela

28-09-10

Nota de prensa:
“O BNG DE ALFOZ PRESENTARÁ TAMÉN UNHA INCIATIVA ANTE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PARA QUE TOME CARTAS NO ASUNTO”

Dende o BNG presentaremos tamén unha iniciativa ante a Cosellería de Educación da Xunta de Galicia para que tome cartas no asunto, e solucione o problema que existe para que os rapeces de Alfoz e o Valadouro poidan acudir os seus centros de estudios a Burela.

Así mismo instaremos o citado organismo a que preveña casos similares e revise a situación en toda a comarca xa que alumnos de viveiro atópanse con situacións similares, dispoñen de liña de autobús para poder acudir a Burela, pero a tarde teñen que sair 15minutos antes das aulas do horario establecido para poder desplazarse a Viveiro la liña regular de autobús Burela – Viveiro.

Entre Alfoz e Valadouro suman un total de 31 alumnos que cursan estudos nos centros de Burela, 22 no Monte Castelo e 9 no Perdouro, dos cales 14 son os que están a sufrir as carencias no servizo de autobús xa que o resto usaban medios alternativos para o seus desprazamentos a Burela.

“Resulta lamentable que a día de hoxe os rapaces de Alfoz e Valadouro non poidan cursar os eus estudos de bacharelato ou formación profesional con normalidade por falta dun servizo de autobús que lles permita desprazarse os seus centro de estudos e máis tendo en conta a cercanía entre as poblacións de Alfoz e Burela”

Solicitaremos que dende Educación se tomen medidas enfocadas a solucionar estas carencias e se tomén medidas que eviten estes problemas no futuro. Para os concellos de Alfoz e o Valadouro e un problema que ven sendo prolongado no tempo, pero dado que o bacharelato ou ben os ciclos formativos son de tan só dous anos, fai que a meirande parte dos pais dos alumnos afectados opten por tomar medidas alternativas e máis simples en lugar de movilizarse ante as institucións correspondentes para que tomen medidas e solucionen tan graves prexuizos para os veciños de Alfoz.

Dende o BNG de Alfoz consideramos a solución do problema que nos atende algo totalmente primordial, xa que estamos a falar da educación, un problema que impide que os rapaces poidan recibir unha correcta educación tal e como teñen dereito.

En caso de non atopar outra solución instamos os concellos de Alfoz e Valadouro a que cofinancien o servizo para solucionartan prexudicial agravio que están a sufrir as persoas afectadas do noso concello.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive