22 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O IGVS entregou un grupo de 24 vivendas de promoción pública no Valadouro

16-09-10

Nota de prensa:
O IGVS ENTREGA UN GRUPO DE 24 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA NO CONCELLO LUCENSE DO VALADOURO

O investimento total realizado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) nestes inmobles supera os 2,1 millóns de euros
Doce vivendas entregáronse en réxime de alugueiro e as outras doce na modalidade de compravenda, quedando vacantes seis máis que se adxudicarán a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda
O director do IGVS, Antonio Boné, e a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, presidiron o acto de entrega, no que destacaron o decidido esforzo do Executivo galego para apoiar aos cidadáns na adquisición ou aluguer de casas

O Valadouro, 16 de setembro de 2010.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) entregou aos seus adxudicatarios 24 vivendas de promoción pública construídas no concello lucense de O Valadouro, cun investimento 2.144.157,81 euros.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o director do IGVS, Antonio Boné, xunto co alcalde do municipio, Eulogio Sampayo, foron os encargados de facer entrega dos títulos de propiedade destes inmobles, pertencentes a unha promoción de 30 vivendas en total. Quedan vacantes outras seis vivendas, que serán adxudicadas a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.

Antonio Boné reiterou a importancia de seguir apostando pola construción de vivendas de promoción pública. “Seguiremos traballando, a través do Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e, particularmente, a través do IGVS, para facilitar aos lucenses o acceso a un fogar”, enfatizou o director do organismo autonómico de Vivenda.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou que o Executivo autonómico “amosa o seu compromiso de desenvolver medidas de apoio aos cidadáns para a adquisición ou aluguer de vivenda” e de xeito especialmente decidido nun momento económico como o actual.

Neste sentido, a través das actuacións do Goberno galego neste ámbito, durante o presente ano foron entregadas xa 102 vivendas de promoción oficial, outras 117 están a piques de selo e outras 252 atópanse en execución. En total, 451 vivendas distribuídas por toda a provincia, cuxo investimento supera os 30 millóns de euros.

Condicións técnicas das vivendas do Valadouro
A metade das vivendas (doce) foron entregadas en réxime de compravenda, cun prezo de venda entre 53.287 e 53.723 euros. As outras doce corresponden a réxime de alugueiro, xa que a normativa obriga á adxudicación neste réxime ás familias con ingresos que non superen 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem). Os adxudicatarios pagarán rendas mensuais entre 125.61 e 126.36 euros.

Un total de 26 vivendas dispoñen de catro dormitorios e superficie útil entre 89 e 90 metros cadrados. As outras catro dispoñen de tres dormitorios e superficie útil entre 82 e 83 metros cadrados. Tódodos inmobles contan ademais con salón, cociña, baños e tendedeira e tamén dispoñen de garaxe e trasteiro.

As vivendas contan con pavimentos de parqué de madeira e plaqueta de gres, alicatados con azulexo, carpintería interior de madeira vernizada e exterior de aluminio lacado con dobre acristalamento térmico.

Tódolos inmobles contan con sistema individual de calefacción e auga quente sanitaria con caldeira de gas. A construción destas 30 vivendas en Ferreira do Valadouro iniciouse no mes de febreiro de 2005, investíndose nas mesmas 2.144.157,81 euros, o que conleva un investimento medio por vivenda de 71.471,93 euros.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive