11 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ribadeo atendeu unhas 38.000 persoas nas oficinas de turismo durante os meses de verán

06-09-10

NOTA DE PRENSA:
ARREDOR DE 38.000 PERSOAS SE ACHEGARON ÁS OFICINAS DE TURISMO DE RIBADEO DURANTE OS MESES DE XULLO E DE AGOSTO, SEGUNDO OS DATOS FACILITADOS HOXE POR FERNANDO SUÁREZ.
Ribadeo, 6 de setembro de 2010. Arredor de 38.000 persoas se achegaron ás oficinas de turismo de Ribadeo durante os meses de xullo e de agosto. Os datos foron dados a coñecer esta mañá polo alcalde.
Fernando Suárez dixo que “tendo enriba da mesa todos os datos de afluencia de turistas referidos tanto á oficina do parque de San Francisco e ao punto de información de As Catedrais como as visitas ao ascensor e a acollida do bus praia, creo que este ano foi o de máis aflucencia de turistas na época estival. Si xullo xa foi importante en agosto batemos todos os récords a pesares de que o ano 2009 foi tremendamente positivo”. O rexedor pensa que “esta circunstancia da crise económica moitas veces ocasiona que hai certo turismo que antes non viña e que agora escolle sitios como Ribadeo para vir pasar, tres ou catro días, pero en definitiva o sumatorio de toda esta xente da que moitísimas persoas estiveron no noso concello”.
Suárez Barcia sinalou que “os datos convidan a pensar que as cousas se están a facer ben, pero tamén convidan a seguir traballando noutras moitas. En agosto viñeron aproximadamente a pedir información turística unhas 23.600 persoas, 14.000 pasaron pola oficina de Ribadeo e máis de 9.000 polo punto de información de As Catedrais. Esto significa un incremento dun 20% con respecto do ano 2009. En total durante os meses de xullo e agosto arredor de 38.000 persoas viñeron pedir información ás oficinas de turismo do noso concello. Son cifras espectaculares”.
Madrileños, cataláns e vascos son os que máis visitan Ribadeo ademáis de asturianos e galegos, sobre todo nas fins de semana. Alemáns e franceses son os extranxeiros que máis acuden a este concello seguidos de ingleses e italianos.
Ascensor
O alcalde tamén se referiu ao ascensor panorámico de Ribadeo que “rexistrou 16.000 arranques, é dicir 16.000 pulsacións de subida ou de baixada. Esto da unha idea tamén da cantidade de xente que anda polo casco vello, que vai polo paseo marítimo e polo porto deportivo. E tamén quero referirme ao bus praia dunha empresa particular coa que asinamos un convenio para darlle difusión, o seu primeiro ano foi satisfactorio. Esta posibilidade de levar á xente desde Ribadeo ata as praias de As Catedrais, Esteiro, Os Castros e Illas foi algo que se debe repetir para o ano que ven. A medida que ía pasando o tempo máis xente ía descubrindo este servizo pioneiro e novo e o utilizaba para os seus desprazamentos”.
Suárez Barcia felicitou “á profesionalidade dos hosteleiros porque as técnicas de información turística valoran que a xente que acude a elas sempre ten moi boas palabras para o sector, din que quedan moi contentos co trato dispensado e aseguran que voltarán a Ribadeo”.
Casco vello
O rexedor engadiu que “moitos turistas notan e valoran que se está a amañar o casco vello, pero tamén notan que hai todavía moitos inmobles e singularmente a Torre dos Moreno que precisan que se lles meta man, entendemos que ten que ser a través dos seus lexítimos propietarios que son os particulares, pero isto nos anima para seguir traballando con esta política de cara á rehabilitación do casco vello de man tendida con quere e de man dura con quen non quere. Para o resto do casco vello sen rehabilitar e para a Torre dos Moreno seguimos traballando, moitas veces con discreción e sen dicir nada. Somos conscientes de que isto é unha fonte de riqueza non só para os seus propietarios, que ás veces son uns indolentes e non se dan conta do preciado ben que teñen, senón para o conxunto do casco vello. Témolo moi claro desde o equipo de goberno e é o noso norte dentro das políticas de rehabilitación”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive