20 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O goberno do Estado respondeu ao BNG que está disposto a implicarse na recuperación do Castro da Atalaia

28-10-10

Nota de prensa:
En resposta ao BNG o Goberno do Estado móstrase disposto a implicarse na recuperación e posta en valor do Castro da Atalaia en terreos de dominio público si así se lle reclama dende a Dirección Xeral de Patrimonio e o concello de Cervo

Estúa lembra que o pleno de Cervo xa aprobou por unanimidade unha iniciativa nacionalista neste sentido que foi trasladada tanto á Dirección Xeral de Patrimonio como ao Goberno do Estado

Os nacionalistas demandan tanto ao goberno municipal como a Dirección Xeral de Patrimonio que redacten un proxecto de escavación arqueolóxica, recuperación e consolidación do Castro da Atalaia en terreos públicos trasladando unha petición formal de colaboración ao Goberno do Estado.

Cervo, 29 de outubro de 2010. O BNG recibiu resposta do goberno do Estado en relación a unha pregunta presentada polo deputado Francisco Jorquera na que se requiría información sobre a posibilidade de comprometer ao goberno do Estado na ampliación da escavación e recuperación arqueolóxica en terreos de titularidade pública tal como se recomendaba en informes da Consellaría de Cultura. Na resposta o Goberno do Estado confirma a posíbel dispoñibilidade do Ministerio de Cultura a colaborar nestes traballos unha vez sexa demandado pola administración competente, neste caso a Dirección Xeral de Patrimonio e o concello de Cervo. Os nacionalistas cervenses demandaron a redacción dun proxecto de escavación arqueolóxica, recuperación e consolidación do Castro da Atalaia en terreos públicos trasladando unha petición formal de colaboración ao Goberno do Estado.

Demandan ao goberno local e á Dirección Xeral de Patrimonio a redacción dun proxecto de escavación arqueolóxica, recuperación e consolidación e a petición de colaboración ao Ministerio de Cultura.

O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, xa informou ao alcalde cervense desta resposta e demanda tanto ao goberno local como á Dirección Xeral de Patrimonio a redacción dun proxecto de escavación arqueolóxica, recuperación e consolidación do Castro da Atalaia en terreos públicos de titularidade de Portos do Estado, trasladando unha petición formal de colaboración ao Ministerio de Cultura. Neste sentido o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, “demandou a Patrimonio coherencia coas súas propias resolucións e chamou a aproveitar a invitación do Ministerio de Cultura, reclamando a súa colaboración para levar adiante esta actuación”. Estúa fixo mención ao acordo plenario de 30 de setembro no que a corporación municipal de Cervo por unanimidade aprobou unha iniciativa nacionalista na que se instaba tanto á Dirección Xeral de Patrimonio como ao goberno estatal a colaborar.

A ofensiva institucional iniciada na primavera polo BNG empeza a dar froitos.

O BNG xa anunciou na pasada primavera unha ofensiva institucional dirixidas a protexer e poñer en valor o asentamento castrexo da Atalaia, presentando iniciativas no concello, no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados co aval de resolucións e informes valorativos da Consellaría de Cultura que determinaban a importancia do xacemento da Atalaia e a súa conservación in situ, todos os informes valorativos recalcan a posibilidade de que os restos mellor conservados poden estar precisamente na área da atalaia de titularidade pública “polo que non existen problemas para actuar de contar con medios e vontade política”. Estúa mostrou a súa satisfacción xa que esta ofensiva “empeza a dar froitos” e sinalou o acordo plenario do 30 de setembro que promovía a apertura de negociacións co propietario dos terreos privados que permita dar unha solución a esa parte do castro e a demanda de colaboración entre o goberno galego e o estatal para actuar en zona pública que agora se ve refrendado pola resposta ofrecida ao BNG no Congreso dos Deputados, “do que se debe sacar partido.”

O Castro da Atalaia ben rehabilitado e ben xestionado poder ofrecer grandes beneficios ao conxunto do concello.

Os nacionalistas cervenses veñen defendendo dende fai tempo que o asentamento castrexo da Atalaia “non so e parte dun pasado que debe ser recuperado, senón tamén un importante recurso turístico e económico con moita mais importancia e proxección de futuro que outros dos que ultimamente se fala moito”. Neste sentido lamentaron que os orzamentos da Xunta para 2010 “non contemplen un so euro para a súa recuperación”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive