17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Espérase un episodio de meteoroloxía adversa por fenómenos costeiros de nivel laranxa

14-11-10

Imaxe de sat24.com

FONTE: Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Emerxencias e Interior alerta dun fenómeno adverso de nivel laranxa na costa noroeste e oeste da provincia da Coruña

Estenderase ó suroeste da provincia, e ás provincias de Lugo e Pontevedra a partir das 00.00 horas de mañá

Espérase tamén mar de fondo do noroeste que poderá alcanzar os 5 metros

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoprotección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr

Santiago, 14 de novembro de 2010.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de meteoroloxía adversa por fenómenos costeiros de nivel laranxa que afectará ao noroeste e oeste da provincia da Coruña, a partir de hoxe ás 20.00 horas.

Espérase tamén mar de fondo do noroeste que poderá alcanzar os 5 metros e tenderá a diminuír a primeiras horas da tarde de mañá.

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir das 00:00 horas do día 15 de novembro, este episodio tamén afectará ao suroeste da provincia da Coruña, á provincia de Lugo e á provincia de Pontevedra.

Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos costeiros das tres provincias galegas, aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e aos clubs náuticos das tres provincias, entre outros.

Doutra banda, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoprotección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive