08 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ginés Rodríguez e Moisés Rodríguez alternan o liderato do Campionato de Bolos de Xove

08-11-10

Nota de Prensa

INCIDENCIAS DA   5ª  TIRADA

(CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO- Sábado, 6 NOVEMBRO 2010)

-Tarde fria.

-47 inscritos,    29 na Liga Senior,    9 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina.

Liga Senior.-  Novo cambio de líder, e isto é unha constante dende que comezou esta temporada, na cal Ginés Rodríguez e Moisés Rodríguez se van alternando no liderato.  O segundo posto obtido por Ginés permítelle pasar a Moisés e agora é líder con 40 puntos, dous máis que o segundo. José Rafael mantén a terceira posición con 30 puntos, posición que perde Luis Rancaño, quen se vai ata o 5º posto con 25 puntos ao non puntuar, sendo pasado tamén por Arturo Vigo que se aúpa á cuarta posición con 29 puntos.

Pasado xa o ecuador desta primeira volta, a cal lle faltan 4 tiradas, temos que decir que hai unha gran igualdade no Campionato,cun núcleo duro de 5 ou 6 xogadores que xa se van destacando por riba dos demáis, entre os cales están os principais favoritos. Salientable tamén é que xa puntuaron 23 xogadores distintos, lóxico tendo en conta a alta participación que estamos a ter nas ligas deste ano.

Liga Sub 18.- A súa regularidade e os dous puntiños acadados nesta tirada permítenlle a Daniel López continuar como líder unha semana máis con 16 puntos. Segunda é Salomé Cardoso con 14 puntos e que está mantendo un xogo moi sólido e constante. Terceiro lugar ocúpao Aitor Bouso, de quen esperábamos máis, pero que inda non lle está a coller o tranquillo ao xogo. Samuel Rey e Claudia Mariña non puntuaron e ocupan a 4ª e 5ª posición respectivamente.

Liga Feminina.- Victoria da líder Dolores Baño, quen está a manter unha competición moi regular. Esta victoria fai que aumente a súa vantaxe, que agora vaise aos 7 puntos respecto da segunda que é a actual campiona Carmen Roca, con 16 puntos. Concepción Piñeiro, ao non puntuar, perdeu a segunda posición e agora é terceira con 15 puntos, seguida de Belén Meitín con 10. Podemos decir que esta Liga, se non hai ningunha sorpresa de última hora, vai estar entre as catro xogadoras citadas, Dolores, Carmen, Concepción e Belén.

A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE A VARA O VINDEIRO SÁBADO, 13 DE NOVEMBRO DE 2010.

XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 –  IIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2010/2011)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

Autoescuela Mundial Xove

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO    (6 NOVEMBRO 2010   ) 47  INSCRITOS:    29 NA LIGA SENIOR,    9  NA LIGA SUB 18  E   9    NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 190 12
SEGUNDO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 164 10
TERCEIRO ARTURO VIGO CASABELLA 163 8
CUARTO ADRIAN BOUSO GAVÍN 155 7
QUINTO JOSÉ  BAÑO FERNÁNDEZ 147 6
SEXTO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 146 5
SÉTIMO JOSÉ  GONZÁLEZ RODRÍGUEZ 134 4
OITAVO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 133 3
NOVENO JOSE VIGO LAGE 131 2
DÉCIMO AUGUSTO ALBO OCAMPO 130 1
MELLOR BOLADA JOSÉ  BAÑO FERNÁNDEZ 68 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO LAURA IGLESIA MARIÑO 78 6
SEGUNDO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 61 4
TERCEIRO AITOR BOUSO GAVIN 31 3
CUARTO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 21 2
QUINTO LARA DOMÍNGUEZ BAÑO 18 1
MELLOR BOLADA LAURA IGLESIA MARIÑO 48 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 115 6
SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROCUO 95 4
TERCEIRO CARMEN ROCA CORRAL 84 3
CUARTO LAURA IGLESIA MARIÑO 78 2
QUINTO BELÉN GAVÍN SEOANE 77 1
MELLOR BOLADA LAURA IGLESIA MARIÑO 48 1
Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive