Renovouse a executiva local de Novas Xeracións de Ribadeo
Nota de Prensa
Jacobo Río asume a dirección de Novas Xeracións en Ribadeo
* A renovación da executiva celebrouse onte coa presenza do presidente provincial, Daniel Vega e o portavoz do PP local, Manuel Valín
Ribadeo, 8 de novembro de 2010.- A renovación da executiva local de Novas Xeracións de Ribadeo tivo lugar onte nun acto celebrado na Casa do Mar da vila e ao que asistiron o presidente provincial da agrupación político xuvenil e a súa vez presidente saínte de xunta de Ribadeo, Daniel Vega Pérez; o secretario xeral de NNXX da provincia, José Antonio González Vázquez; o candidato a alcaldía da localidade, Manuel Valín Valdés, xunto con outros membros da corporación municipal do PP.
Jacobo Río García asume a dirección da nova xunta local na que estará acompañado, entre outros, da secretaria xeral, Eva Roviralta Rey. Durante o seu discurso, o novo presidente recordou o “enorme” traballo realizado pola xunta saínte, presidida por Daniel Vega. Para exemplificalo, Jacobo Río explicou que en pouco menos de dous anos Novas Xeracións de Ribadeo pasou de 4 a 33 afiliados. Con este balance, o novo presidente animou tanto a Vega como a outros membros da anterior xunta local que agora constitúen a executiva provincial a que “traballen por Lugo e o traballo que levástedes a cabo en Ribadeo agora aválavos”.
Pola súa banda, Daniel Vega agradeceu a colaboración de “toda a xente que tivo comigo durante a miña etapa en Novas Xeracións de Ribadeo”, ao tempo que animou “ a formación xuvenil máis importante de todo a concello a traballar man a man con Valín para que sexa o próximo alcalde de Ribadeo”.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



