Nota de Prensa
INCIDENCIAS DA 5ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO- Sábado, 6 NOVEMBRO 2010)
-Tarde fria.
-47 inscritos, 29 na Liga Senior, 9 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina.
Liga Senior.- Novo cambio de líder, e isto é unha constante dende que comezou esta temporada, na cal Ginés Rodríguez e Moisés Rodríguez se van alternando no liderato. O segundo posto obtido por Ginés permítelle pasar a Moisés e agora é líder con 40 puntos, dous máis que o segundo. José Rafael mantén a terceira posición con 30 puntos, posición que perde Luis Rancaño, quen se vai ata o 5º posto con 25 puntos ao non puntuar, sendo pasado tamén por Arturo Vigo que se aúpa á cuarta posición con 29 puntos.
Pasado xa o ecuador desta primeira volta, a cal lle faltan 4 tiradas, temos que decir que hai unha gran igualdade no Campionato,cun núcleo duro de 5 ou 6 xogadores que xa se van destacando por riba dos demáis, entre os cales están os principais favoritos. Salientable tamén é que xa puntuaron 23 xogadores distintos, lóxico tendo en conta a alta participación que estamos a ter nas ligas deste ano.
Liga Sub 18.- A súa regularidade e os dous puntiños acadados nesta tirada permítenlle a Daniel López continuar como líder unha semana máis con 16 puntos. Segunda é Salomé Cardoso con 14 puntos e que está mantendo un xogo moi sólido e constante. Terceiro lugar ocúpao Aitor Bouso, de quen esperábamos máis, pero que inda non lle está a coller o tranquillo ao xogo. Samuel Rey e Claudia Mariña non puntuaron e ocupan a 4ª e 5ª posición respectivamente.
Liga Feminina.- Victoria da líder Dolores Baño, quen está a manter unha competición moi regular. Esta victoria fai que aumente a súa vantaxe, que agora vaise aos 7 puntos respecto da segunda que é a actual campiona Carmen Roca, con 16 puntos. Concepción Piñeiro, ao non puntuar, perdeu a segunda posición e agora é terceira con 15 puntos, seguida de Belén Meitín con 10. Podemos decir que esta Liga, se non hai ningunha sorpresa de última hora, vai estar entre as catro xogadoras citadas, Dolores, Carmen, Concepción e Belén.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE A VARA O VINDEIRO SÁBADO, 13 DE NOVEMBRO DE 2010.
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO (6 NOVEMBRO 2010 ) 47 INSCRITOS: 29 NA LIGA SENIOR, 9 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 190 | 12 |
| SEGUNDO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 164 | 10 |
| TERCEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 163 | 8 |
| CUARTO | ADRIAN BOUSO GAVÍN | 155 | 7 |
| QUINTO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 147 | 6 |
| SEXTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 146 | 5 |
| SÉTIMO | JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 134 | 4 |
| OITAVO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 133 | 3 |
| NOVENO | JOSE VIGO LAGE | 131 | 2 |
| DÉCIMO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 130 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 68 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | LAURA IGLESIA MARIÑO | 78 | 6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 61 | 4 |
| TERCEIRO | AITOR BOUSO GAVIN | 31 | 3 |
| CUARTO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 21 | 2 |
| QUINTO | LARA DOMÍNGUEZ BAÑO | 18 | 1 |
| MELLOR BOLADA | LAURA IGLESIA MARIÑO | 48 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 115 | 6 |
| SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROCUO | 95 | 4 |
| TERCEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 84 | 3 |
| CUARTO | LAURA IGLESIA MARIÑO | 78 | 2 |
| QUINTO | BELÉN GAVÍN SEOANE | 77 | 1 |
| MELLOR BOLADA | LAURA IGLESIA MARIÑO | 48 | 1 |










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
