21 de Febreiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Deputación destaca que Lugo é a provincia galega na que máis aumentou o turismo neste ano

09-12-10

Nota de prensa:
Besteiro e Buján destacan que Lugo é a provincia galega na que máis aumentou o turismo durante 2010

– Cun 16,19%, Lugo sitúase á cabeza de Galicia seguida das de Coruña, Pontevedra e Ourense. A media lucense é ademais superior a galega que acada o 11,21%

– O Presidente e a Vicepresidenta Terceira anunciaron que en febreiro a provincia acollerá o 1º Congreso Internacional sobre Turismo: Destino Lugo

– Das 483.119 persoas que pernoctaron, o 19,98% fixoo na capital, e o 80,02% no resto da provincia. “Aumentamos o número de visitantes de forma democrática”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Terceira, María Xosé Vega Buján, salientaron este xoves que Lugo é a provincia galega que experimentou o maior incremento no número de viaxeiros durante 2010. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, esta porcentaxe sitúase no 16,19%, fronte ó 14,45% da Coruña; o 9,80% de Pontevedra; e o 3,60% de Ourense. Gómez Besteiro salientou que “son datos espectaculares que confirman que imos polo bo camiño coas nosas políticas de promoción da provincia ó exterior mediante a aposta polo medioambiente”. Veja Buján subliñou que “nun contexto de contracción do gasto, onde o turismo e un dos sectores máis sacrificados, a nosa provincia rompe con todos os promedios e previsións”.

A Deputación desenvolvou ó longo do ano iniciativas enmarcadas no ecoturismo tales como: o Galaico Expreso, o tren que o organismo provincial ofreceu como alternativa ós catamaráns ante o baleiro do Sil que levou a cabo Iberdrola, e co que logrou pasar dos 1.500 visitantes á Ribeira Sacra durante 2009, ós 20.000 deste ano; o Barco Muralla de Lugo, a aula turístico medioambiental que está a percorrer o país e coa que, só durante a súa estancia durante o San Froilán de Barcelona, 50.000 persoas coñeceron a riqueza de Lugo; o Lugo Terra, o bus que promocionou a provincia por toda a península; ou a certificación medioambiental de 21 areais lucenses que converteu á Mariña na 3º costa de España co maior número de praias de auténtica calidade, avaladas pola Unión Europea.

Veja Buján inicidiu en que “é momento de afrontar novos retos”, e Gómez Besteiro apuntou que “o noso obxectivo é confirmar a Lugo como o noso destino”. Deste xeito, adiantaron que no mes de febreiro Lugo acollerá por primeira vez un congreso internacional sobre turismo, no que representantes do sector turístico público e privado de diferentes países trasladarán as súas experiencias para “estudar novas fórmulas de xestión na provincia”.

Reparto “democrático” por riba da media galega

Lugo é a provincia que distribúe de maneira máis equitativa os seus visitantes xa que do total, das 483.119 persoas que pernoctaron durante 2010, o 19,98% fixoo na capital, e o 80,02% no resto da provincia. O Presidente salientou que “aumentamos o número de visitantes de forma democrática”. A media de Lugo é ademais maior a de Galicia: un 16,19% fronte o 11,21%.

Valoración dos asistentes

No acto, tamén estiveron os Alcaldes de Lugo, José López Orozco, Monforte de Lemos, Severino Rodríguez, e Ribadeo, Fernando Suárez Barcia. Na súa representación, López Orozco felicitou a Deputación polo traballo levado a cabo porque “nos últimos 12 anos, esta é a primeira vez que se fai un planteamento global do turismo na provincia”.

Da mesma forma, as autoridades estiveron acompañadas polo Presidente das Asociacións Provincial de Hostalería, Cheché Real, Turismo Rural de Lugo Sur, Carmen Martínez, e de Turismo Rural da Mariña, Manuel Vicente. Logo de fecilitar á institución provincial, Cheché Real, apuntou a necesidade de crear en Lugo un centro de formación de Hostalería. Ó respecto, Gómez Besteiro lembrou que a Deputación xa ofreceu á Xunta as instalacións do Hotel Miño para situar dita escola sen obter ningunha reposta. Carmen Martínez explicou que malia que o rural tamén experimentou un aumento no número de visitantes, este foi menor que nas restantes zonas. Neste senso, o titular do organismo provincial lamentou que o Executivo galego baixase nun 51% a partida adicada ó fomento do turismo no rural no Orzamento de 2011. Mentras, Manuel Vicente pediu maior precisión e veracidade nas previsións metereolóxicas para a costa.

Lugo, 9 de decembro de 2010

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive