Nota de prensa:
AS XORNADAS MINDONIENSES DE ARQUEOLOXÍA, QUE FINANCIA INTEGRAMENTE A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN, FORON PRESENTADAS NO CONCELLO
Antonio Veiga asistiu ao acto de presentación destas xornadas, que se celebrarán no centro de desenvolvemento comarcal de Mondoñedo os días 17, 18 e 19 de decembro
MONDOÑEDO, 9 de decembro de 2010. O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro, asistiu esta mañá á presentación das “X Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía. Villaamil y Castro”, que se celebrarán os días 17, 18 e 19 de decembro no centro de desenvolvemento comarcal de Mondoñedo. Ao acto de presentación tamén asistiu o alcalde de Mondoñedo, Orlando González, ademais do arqueólogo do concello, Abel Vigo, e Manuel Valín, xerente da Fundación Comarcal da Mariña Central en representación das entidades organizadoras destas xornadas.
Como explicou Antonio Veiga, “esta décima edición está financiada integramente pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, con 3000 euros”. As xornadas naceron no ano 2001 co fin de dar a coñecer a calquera tipo de público afeccionado unhas nocións básicas e serias sobre arqueoloxía, da man de investigadores científicos e demais persoas formadas na materia, ao mesmo tempo que se poñía en valor o patrimonio da comarca. Pretenden, dende a súa creación e tendo un grande éxito entre o público, achegar a ciencia á sociedade, xa que ademais da investigación científica, a divulgación tamén é un aspecto fundamental desta disciplina. Para isto, como explicou Abel Vigo, “intentamos acadar un punto medio que axude aos participantes a observar un xacemento ou museo e a ver os aspectos importantes do mesmo”.
A matrícula é gratuíta e pode facerse a través do enderezo electrónico xornadas.arqueo@terra.es, ou chamando por teléfono ao concello (982 52 40 03). O programa comeza coa conferencia sobre o “Castro de Zoñán. Campañas 2009 e 2010” a cargo do propio Abel Vigo. O castro visitarase o sábado pola mañá, e pola tarde, Antonio de la Peña Santos, arqueólogo do Museo Provincial de Pontevedra, falará sobre “Gravados rupestres en Galicia. Unha aproximación”. O domingo 19 visitarase pola mañá o Castro de San Cibrán de Las (Punxín – San Amaro, Ourense), e o edificio do Museo Arqueolóxico de Ourense (Antigo Pazo Obispal), guiada por Manuel Xuto Rodríguez (axuntamos horario das xornadas).
En edicións anteriores destas xornadas tratáronse temas a nivel xeral e outros máis concretos sobre a zona como por exemplo “O Megalitismo en Galicia”, “A Idade do Bronce en Galicia”, “A Cultura Castrexa”, “A Cultura Galaico – Romana” e “Inscripcións do Mundo Paleocristiano”, participando personalidades da vida científica galega como son Fernando Acuña Castroviejo (Catedrático de Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela), José Carro Otero (Membro da Real Academia de Medicina e da Real Academia da Historia) ou Ramón Fábregas Valcarce (Catedrático de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela), entre outros. Realizáronse visitas a diversos puntos de interese de Galiza, León e Asturias, tales como o Castro de Fazouro, o Castelo de Pardo de Cela no Concello de Alfoz, o Castro de Viladonga, e o Castro de Coaña (Asturias).
HORARIO
Venres 17 de decembro de 2010.
19:30 h. Recollida de Documentación.
19:45 h. Acto de Inauguración.
20:00 h. Conferencia.
“Castro de Zoñán. Campañas 2009 e 2010”
Dr. D. Abel Vigo García
Arqueólogo
Excmo. Concello de Mondoñedo
Sábado 18 de decembro de 2010.
10:00 h. Saída de Mondoñedo.
Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo)
Dr. D. Abel Vigo García
Arqueólogo Director dos traballos
20:00h. Conferencia.
“Gravados rupestres en Galicia. Unha aproximación”
D. Antonio de la Peña Santos
Arqueólogo do Museo Provincial de Pontevedra.
Domingo 19 de decembro de 2010.
07:45 h. Saída de Mondoñedo
11:00 h. Visita.
Castro de San Cibrán de Las
(Punxín – San Amaro, Ourense)
13:30 h. Visita
Edificio do Museo Arqueolóxico de Ourense (Antigo Pazo Obispal)
Dr. D. Manuel Xuto Rodríguez
(Museo Arqueolóxico de Ourense)
Clausura e entrega de diplomas.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



