22 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Proxectarán 9 películas nun “Festival internacional de cine de medio ambiente” en Burela

10-12-10

Nota de prensa

A CASA DA CULTURA ACOLLERÁ DE DECEMBRO A MARZO A PROXECCIÓN DE NOVE PELÍCULAS DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE MEDIO AMBIENTE, SEGUNDO ANUNCIOU HOXE ALFREDO LLANO.

Burela, 10 de decembro de 2010. A Casa da Cultura acollerá de decembro a marzo a proxección de nove películas do Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente, segundo anunciou esta mañá o alcalde de Burela.

Alfredo Llano explicou que “hai uns días cheguei a un acordo co responsable da asociación que organiza o Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente para proxectar en Burela nove películas sobre o medio ambiente. O que tratamos é de abordar temáticas como os conflictos sociais, ecolóxicos e naturais, o cambio climático, todo o que nos preocupa últimamente. Queremos incorporar o audiovisual como instrumento de sensibilización, educación e información aos diferentes sectores sociais e educativos. Agora tal e como están as circunstancias medioambientais e tal e como están repercutindo os fenómenos atmosféricos tanto a nivel mundial como comarcal é o momento de facer este tipo de actividades”.

O rexedor engadiu que “son películas moi boas no aspecto técnico e na temática que abordan. Un mar cambiante, Os días da terra, Adictos ao plástico, A loita alimentaria… Comenzaremos coas proxeccións a finais deste mes de decembro, pasaremos unha ou dúas cintas e despois o ciclo seguirá ata marzo. Trátase dunha alternativa ao ocio, cultural e educativa que repercutirá de xeito positivo nas persoas que as vaian ver”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive