20 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A concellaría de Cultura de Viveiro programou un ciclo de teatro de febreiro a abril

28-01-11

Nota de prensa

FEBREIRO- ABRIL 2011

FEBREIRO:

Venres 4: La tirita de teatro. Bajo mi cama una estrella. RGTA

Lugar: TPD

Hora: 11.30 y 18.00

Autor: LA TIRITA DE TEATRO

Dirección: ALBERTO ALFARO

Elenco: PACO ÚBEDA O GERMÁN SCASCO (EN ALTERNANCIA)

Clasificación :Teatro infantil / Monicreques

Idade (só  público infantil): De 3 a 7 años

Duración: 45 min

Sipnose:

Miguel non é moi forte, nin moi áxil, nin moi rápido, pero é moi valente… home! como todo o mundo ten un pouco do susto do amor, éntralle a temblera cada vez que a ve a ela. Pero é moi moi valente… sempre que sexa de día e con sol, porque pola noite cando se vai a luz alí están a penumbra, que lle impide ver as cousas, e as sombras que parecen outras cousas, e os ruidos…Da noite a Miguel só gústalle a lúa, especialmente se está chea e loce grande e luminosa enchendo de luz a noite negra. Un espectáculo que trata dos monstros que a todos nos deron medo algunha vez, e que nos seguen dando por moi maiores que sexamos. Porque… quen non se asusta do monstro de debaixo da cama? E  o do ….? Jo! Que me segue dando susto.

Sábado 12: Ancora Produccións. Pisados -Botamán de Melide, o home que falaba cos zapatos. RGTA

Lugar: TPD

Hora: 20.30 h

Autor: Gustavo Pernas.

Dirección : Anxela G. Abalo

Elenco: Gustavo Pernas.

Clasificación: Teatro adultos / Comedia

Sipnose:

Botamán de Melide sopra follas no outono e aprendeu linguas polos pés,  ao paso dos peregrinos do Camiño de Santiago. Máis tarde descubriu, entre as follas do chan, a linguaxe secreta dos pisados. É quen de falar cos zapatos e vén revelar ao público o que calan as bocas e  gardan os pés. Pero hai forzas vivas que queren impedilo…

*Os logomonos son monólogos ao revés, monólogos mutantes interpretados polo propio autor. E logo son monos, para lucir no espazo da comedia, espectaculares, peludos, esperpénticos, surreais, actuais, críticos, acedos, divertidos, ha, ha, ha!,  hilarantes como a risa dos monos.

Duración : 75 min

Sábado 19: Eme2 ., Sexo ¿e por qué non? RGTA

Lugar: TPD

Hora: 20.30 h

Autor: Franca Rame, Dario e Jacopo Fo

Dirección: Álvaro Lavín

Adaptación: Sandra Romaris, Emilio Cao, Xocas López e Julio Salvatierra

Elenco: Mercedes Castro

Duración: 1 h

Clasificación: Teatro adultos / Comedia

Sipnose:Por que case nunca falamos de sexo? Por que, se o facemos, sempre o tomamos desde os complexos e o estereotipo? Xa que o sexo é unha parte central das nosas vidas, por que nos é tan difícil compartir as experiencias que o rodean?

Fuxindo do bombardeo pornográfico, do tópico e do chiste fácil, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás entorno ao encontro carnal.

Unha comedia reflexiva, para mozos e maiores, un punto de encontro humorístico para rachar cos tópicos e os tabús.

Sábado 26: Teatro Galileo. Sempre quixen bailar un tango. RGTA

Lugar: TPD

Hora: 20.30 h
Autora: Teresa González

Dirección: Pedro Rubín

Elenco: Fernando Morán, Isabel Blanco, Ana Santos e José Lopez “Tanas”

Clasificación: Teatro adultos / Drama

Duración: 1h 20 min

Premio “Álvaro Cunqueiro”

Traxicomedia que reflexiona sobre as cousas que deixamos sen facer e sen aprender ao longo da nosa existencia. Dos bailes que non botamos, das palabras que non dicimos e das oportunidades de ser felices que perdemos porque cando as temos diante non sabemos ver a súa importancia e cando volven a nós xa é tarde.

Unha viaxe emocional sobre as cousas valiosas da vida.

Un texto intelixente e uns actores excepcionais que nos farán rir, chorar, emocionarnos…

MARZO:

Venres 18: Sarabela Teatro . Konrad ou o neno que saiu dunha lata de conservas. RGTA

Lugar: TPD

Hora: 18.00 h.

Autor: Christine Nöstlinger

Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda

Elenco: Elena Seijo….. Betti Bartolotti

Fernando Dacosta… Kornad

Tito R. Asorey….. Sr Égon

Nate Borrajo……. Kitty

Sabela Gago…… Directora, Repartidora, Nai Kitty

Clasificación: Teatro infantil / Comedia

Público: 6 a 12 anos

Duración: 50 min

Sipnose: A señora Bartolotti, que carece de experiencia cos nenos, recibe un día pola vía máis inusitada -por correo- un fillo de sete anos: Konrad, o neno que saíu dunha lata de conservas. Con moita inspiración e humor, cóntanse nesta obra  as emocionantes e divertidas situacións, nas que se ve envolta a señora Bartolotti pola presenza de Konrad, e cómo o defende, cando se descobre que houbo unha equivocación na entrega a domicilio do neno.

Sábado 26: Talía Teatro. Volpone. RGTA

Lugar: TPD

Hora: 20.30 h

Autor: Ben Jonson

Dirección: Roberto Salgueiro

Elenco: Artur Trillo, Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Ríos, Diego Rey, Gustavo G. Dieste, David Creus e Rubén Prieto

Clasificación: Teatro adultos / Comedia

Duración: 80 minutos

Sipnose: Unha divertida comedia que retrata satíricamente a nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interés reunir fortunas sen importar o rídiculo que teñan que facer nen o custo que outros teñan que pagar.

O señor Volpone é un nobre, dono de abundantes riquezas, que finxe estar no seu leito de morte coa fin de enganar aos que desexan herdar a súa fortuna, ofrecéndolles a través do seu criado, o astuto Mosca, ser os seus únicos herdeiros.

Nesta comedia poderemos rirnos de nós mesmos ao ver unha historia que fala dun dos nosos peores defectos: a corrupción.

Volpone é un texto orixinal de Ben Jonson, escrito no ano 1606, un dos textos clásicos máis representados na época que agora presenta Talía Teatro versionado e dirixido por Roberto Salgueiro e que será representado por un elenco de 9 actores nunha proposta escenográfica e de vestiario moi fiel á orixinal.

ABRIL:

Venres 1: Artestudio. Conto de ar. RGTA

Lugar: TPD

Hora: 11.30 h e 18.00 h.

Autor: Ramiro Neira

Dirección: Ramiro Neira

Elenco: Ramiro Neira

Duración: 60 min

Clasificación: Teatro infantil / Comedia

Público: A partir de 5 anos

Sipnose: Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlin tamén chamado “TÍ”.

Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hai algúns grandes e outros pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos ‘revolotean’ por ese marabilloso Mundo das Ideas, concretamente no País dos Contos. ¿Ónde queda?.

Pechade os ollos e pensade…… Estades abrindo os ollos da mente e con eles poderedes contemplar o fabuloso Mundo das Ideas onde se atopa o País dos Contos, creado polo pensamento de tódalas personas.

“Tí” caza contos e pónos en gaiolas, que él mesmo fai coas palabras e así entrégaos aos nenos.Agora só depende de vós que abrades a gaiola, para que moitos, moitos contos podan saír voando……..voando…………

Sábado 30: Chévere . Citizen.  (1º parte). RGTA

Lugar: TPD

Hora: 20.30 h

Autor: Chévere

Dirección: Xron

Elenco: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés

Duración: 80 minutos

Clasificación: Teatro adultos / Contemporáneo

Sipnose: Citizen inspírase no Citizen Kane de Orson Welles. Esta película conta a historia dun empresario norteamericano da comunicación que chegou a ser unha das persoas máis ricas e poderosas do mundo no primeiro terzo do século XX. A nosa obra conta a historia dun suposto empresario galego do textil que se convirte nunha das persoas máis ricas e poderosas no último terzo do século XX.

Citizen Primeira Parte sitúanos nese momento iniciático que ten toda gran aventura. Cando é difícil separar a realidade dos soños. A verdade da invención. O teatro da vida. Franco acaba de morrer. Todo ten que mudar. Ela está exactamente onde ten que estar. El non ten posición. Ela é dun lugar do que ten que fuxir. El non sabe nin de onde vén, pero sabe exactamente a onde quere chegar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive