18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Deputación advirte aos concellos da súa exclusión do plan Lugo Emprega senón se axustan ás bases

01-01-11


Nota de prensa

A Deputación advirte ós concellos da súa exclusión do Lugo Emprega senón se axustan ás bases

O organismo provincial detecta solicitudes defectuosas, como a do Concello de Quiroga, que poñen en perigo a contratación das persoas desempregadas

Nada máis abrirse o pasado mércores o prazo de adhesión do Plan Lugo Emprega, co que a Deputación de Lugo contratará máis de 700 parados para desenvolver tarefas de cooperación nos 67 municipios da provincia, comezaron a recibirse no Rexistro provincial as primeiras solicitudes. O prazo de adhesión improrrogable é de sete días, polo que esixe ós Concellos actuar con rigor. A pesares desta condición, repetida unha e outra vez pola institución provincial, a Deputación detectou que concellos como o de Quiroga enviaron a súa solicitude de adhesión con peticións que non se axustan ás bases da convocatoria aprobada polo Pleno provincial.

Esta situación pon en risco de exclusión a este Concello así como a calquer outro que opte por enviar solicitudes defectuosas e carentes de todo sentido coa proposta do Pleno. A Deputación informará por escrito a este Concello para que aproveite o prazo aínda aberto e non se auto-exclúa, perdendo os postos de traballo que lle está a ofrecer a Deputación.

O organismo provincial inviste 8 millóns de euros no Plan Lugo Emprega. Todos os Concellos contarán cun mínimo de 4 efectivos. O máximo de traballadores, un total de 73, asignaráselle ó Concello de Lugo, que representa un 10% do plan. O perfil dos contratados serán, fundamentalmente, operarios municipais que prestarán o seu servizo en labores de mantemento, conservación e mellora dos servizos públicos de carácter local.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive