Nota de prensa
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
| CAMPEONATO DE BOLOS CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE (29 XANEIRO 2011 42 INSCRITOS: 24 NA LIGA SENIOR, 9 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 159 | 12 |
| SEGUNDO | ARTURO VIGO CASABELLA | 157 | 10 |
| TERCEIRO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 153 | 8 |
| CUARTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 152 | 7 |
| QUINTO | OMAR CABRERA MACÍAS | 147 | 6 |
| SEXTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 147 | 5 |
| SÉTIMO | JOSE VIGO LAGE | 141 | 4 |
| OITAVO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 137 | 3 |
| NOVENO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 134 | 2 |
| DÉCIMO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 129 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 65 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | AITOR BOUSO GAVÍN | 97 | 6 |
| SEGUNDO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 40 | 4 |
| TERCEIRO | LARA DOMÍNGUEZ BAÑO | 33 | 3 |
| CUARTO | SAMUEL REY ÁLVAREZ | 21 | 2 |
| QUINTO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 18 | 1 |
| MELLOR BOLADA | AITOR BOUSO GAVÍN | 40 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 88 | 6 |
| SEGUNDO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 86 | 4 |
| TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 77 | 3 |
| CUARTO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 63 | 2 |
| QUINTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 60 | 1 |
| MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA | 46 | 1 |
INCIDENCIAS DA 13ª TIRADA
(CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE- Sábado, 29 XANEIRO 2011)
-Tarde bastante agradable, iso sí, con ameazas constantes de choiva. Campo mollado, en regular estado.
-42 inscritos, 24 na Liga Senior, 9 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina.
Liga Senior.- Segunda victoria de Luis Rancaño, e neste caso permítelle encaramarse ao terceiro posto con 78 puntos, sobrepasando a Ginés Rodríguez, quen está realizando unha segunda volta francamente mala, sumando só 5 puntos nas tres últimas tiradas. Ginés non pode permitirse máis fallos se non quere perder o tren do campionato e quere aspirar a renovar a victoria obtida o pasado ano. Por outra banda, o liderato compartido da pasada semana desfaise a favor de Arturo Vigo, que agora lidera en solitario con 90 puntos, despois de 35 puntos obtidos nas tres últimas tiradas, ousexa, que nestas tres tiradas sacoulle 30 puntos a un xogador coma Ginés Rodríguez. Segundo posto ocúpao José Rafael González con 87 puntos, quen está sendo moi regular, puntuando sempre do medio da clasificación para arriba.
Liga Sub 18.- A líder Salomé Cardoso non foi siquer capaz de puntuar, o que no é óbice para que manteña o liderato con 49 puntos, pero con só 5 de diferencia con respecto ao segundo, Aitor Bouso, quen logrou recortar en 7 puntos a súa desvantaxe. Tampouco logrou puntuar Daniel López, que perde a segunda posición e ocupa agora o terceiro posto con 40 puntos. Xa moi alonxados Samuel Rey E Claudia Fernández con 19 puntos.
Liga Feminina.- Dolores Baño sigue instalada solidamente na cabeza con 50 puntos gracias a regularidade nas súas tiradas. A victoria de Belén Meitín permítelle ocupar a segunda posición con 45 puntos gracias á victoria obtida, sobrepasando á vixente campiona Carmen Roca, quen ocupa a terceira praza con 41 puntos e cunha traxectoria moi errática, con 8 puntos obtidos nas últimas catro tiradas, pobre bagaxe se quere revalidar o título desta temporada. Inda así e todo, calquera das tres primeiras clasificadas ten potencial suficiente para poder alzarse co trunfo final, dahí que a final de temporada, e nas cinco tiradas que restan por disputarse, inda se poden producir máis volcos na cabeza; pero do que sí estamos cáseque seguoros, e de que os tres grandes premios finais van estar entre as tres xogadoras que ocupan agora a cabeza da clasificación.
A Vindeira tirada, e cuarta da Segunda Volta, vai ter lugar na BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE A VARA, NA PARROQUIA DE XUANCES O VINDEIRO SÁBADO, 5 DE FEBREIRO DE 2011.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).