19 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O concello de Xove pide a Sanidad que aumente as horas do servizo de pediatría no centro de saude

28-02-11

Nota de prensa:
O CONCELLO PIDE AUMENTAR O NÚMERO DE HORAS DO SERVIZO DE PEDIATRÍA EN XOVE

O Concello de Xove vai solicitar da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia un incremento das horas de pediatría que na actualidade se prestan no Centro de Saúde de Xove, debido , por unha banda, ao gran número de nenos/as do Concello e, por outra, como resposta á demanda social que existe neste sentido no termo municipal.

No Concello nos últimos anos produciuse un importante incremento da natalidade, o que fai insuficiente o número de horas que o servizo de pediatría presta actualmente no Centro de Saúde de Xove, de aí que se crea necesario, e co fin de manter a calidade do servizo de pediatría, que se aumente o número de horas do mesmo. Deste xeito doaríase tamén resposta á inquietude de moitos pais, que se están manifestando neste sentido, mostrando a súa preocupación pola insuficiencia do servizo actual.

Co fin de conseguir este obxectivo, o Alcalde Demetrio Salgueiro vai levar ao próximo Pleno unha moción, solicitando da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que se incremente o número de horas do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Xove.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive