18 de Marzo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Viveiro ve “improvisación e perxuizo” do PP e o PSOE nas disputas electoralistas con respecto ao muelle vello

04-03-11

Nota de Prensa

“O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE VIVEIRO, PIDE AOS CANDIDATOS DO PSOE E PP
QUE DEIXEN DE UTILIZAR ELECTORALMENTE O MUELLE VELLO DE VIVEIRO”

O CANDIDATO A ALCALDÍA “BERNARDO FRAGA” DECLAROU QUE NO BNG,
“MANTEREMOS DE FORMA FIRME E CONTUNDENTE, O NOSO APOIO AO PEQUENO
COMERCIO LOCAL, E NON DEIXAREMOS QUE PORTOS DE GALIZA ESPECULE CO MUELLE
VELLO PARA BENEFICIAR A ESCUROS INTERESES PRIVADOS, COA CREACIÓN DUNHA NOVA
ÁREA COMERCIAL EN TERREOS PÚBLICOS, QUE SON DE TODOS, E QUE VIRÍA EN CLARO
PERXUIZO DO PEQUENO COMERCIO LOCAL”

Dende o Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, solicitamos ao PP e PSOE que aparquen as
súas disputas electoralistas con respecto ao muelle vello, que o único que provocan é
improvisación e perxuizo para o desenrolo futuro, dunha área de vital importancia para a
Cidade de Viveiro, e para as veciñas e veciños en xeral.
Non entendemos como é posible, que existan dous proxectos diferentes e que as veciñas e
veciños non sexan coñecedores de que propostas presentan un e outro, que non se consulte
cos comerciantes, cos concesionarios nin coas veciñas e veciños en xeral.
En ningún caso apoiaremos a realización de calquera actuación no muelle vello, que se
realice sen información, baixo escuros intereses de persoas que xogan co futuro de Viveiro,
por interese propio e persoal, e que leve consigo a privatización de terreos públicos como xa
se fixo coa Praza de abastos.
A creación da gran área comercial que tanto lle gusta a Portos de Galiza, traería consigo
graves repercusións económicas para o pequeno comercio local, comercio polo que o BNG
aposta de forma firme e contundente, e o seguiremos facendo, como creadores de emprego
e riqueza para o pobo de Viveiro.
Dende o BNG consideramos imprescindible a búsqueda dunha solución para o muelle vello
de Viveiro, xa que o seu grave estado de deterioro daña a imaxe da nosa cidade e ao mesmo
tempo se atopa en situación nalgúns casos perigosa para as veciñas e veciños que por alí
transitan. Solución que virá dada pola interlocución cos axentes sociais, é que terá que
recuperar a zona para disfrute de toda a cidadanía, que ao mesmo tempo sirva como
solución aos problemas de aparcamento e creación de novas zonas verdes.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive