Feijóo cumpre coa demanda de veciños da zona de Viñas da Veiga
A Xunta responde ás peticións dos veciños de Viñas da Veiga e adecenta o entorno das vivendas sociais
O PP de Mondoñedo agradece á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o acometido das obras necesarias para a adecuación da entrada ás vivendas sociais de Viñas da Veiga sendo unha necesitade reiterada polos veciños
O PP local úrxelle ao goberno local que tome exemplo da Xunta de Galicia e atenda ás peticións dos mindonienses, xa que son moitas as problemáticas que lle trasladan os veciños e ás que fan oídos xordos
Mondoñedo, 17 de outubro de 2012- A Xunta de Galicia responde ás peticións trasladadas polos veciños da zona de viñas da Veiga en Mondoñedo ao adecentar o entorno das vivendas sociais, unha demanda que os residentes trasladaron ao responsable desta área dentro do organismo autonómico.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas cumpre así o seu compromiso coas familias das vivendas sociais de Viñas da Veiga, un comportamento “de responsabilidade”, que agradece o Partido Popular de Mondoñedo e que permite a mellora no día a día dos residentes desta zona.
O propio conselleiro responsable da área de Vivenda, Agustín Hernández, puido comprobar fai unha semana, nunha reunión cos veciños da parroquia do Carme, as necesidades dos residentes deste barrio. Durante a xuntanza, Agustín Hernández trasladoulle aos veciños os aspectos do proxecto de arranxo da LU-124.
En contraposición con esta actitude comprometida cos mindonienses, os Populares achácanlle ao goberno local a súa deixadez de funcións, desoíndo as peticións dos seus propios veciños. Así, dende o Grupo Popular de Mondoñedo úrxenlle ao rexedor local, Orlando González, que tome exemplo da Xunta de Galicia e cumpra coas peticións trasladadas por parte dos residentes do municipio.