Ribadeo, 3 de maio de 2024. O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, reclama unha reunión co presidente da Deputación de Lugo para abordar diversos asuntos de interese para o municipio ribadense. O Concello xa solicitou este encontro en 5 ocasións, pero aínda non se atendeu esa petición.
“Ata en 5 ocasións solicitamos unha reunión co presidente da Deputación. A resposta sempre é a mesma: axenda ocupada e negar sistematicamente unha xuntanza con Ribadeo. Non nos parece moi responsable, demostra certa actitude de sectarismo, pero nosoutros non vamos ser a administración que provoque un enfado ou un enfrontamento”, explica o rexedor municipal, que engade: “solicitamos unha reunión porque queremos tratar asuntos que beneficien a Ribadeo, queremos que a Deputación siga investindo e queremos deixar claro que non era unha cuestión de partidos, senón que era unha cuestión de fe e de traballo constante por Ribadeo, unha demostración de querer investir en Ribadeo, non porque gobernaban algúns, senón porque o interese era o pobo de Ribadeo. Por iso nosoutros seguimos nunha liña correcta, que é apertura de portas, colaboración con todas as administracións, pero hai que entender que o Concello solicita reunións coas distintas administracións e hai que responder e atender esa solicitude”.
Dani Vega especifica os asuntos que quere abordar co presidente do organismo provincial: “nós querémoslle plantexar á Deputación certas inversións de interese para Ribadeo, como o mantemento da rede de estradas de titularidade provincial. Todos observamos que hai un abandono constante, unha falla de inversión e de mantemento de limpeza deses vieiros. Hai que ver a diferenza entre as estradas do Concello e as da Deputación. Tamén pedimos a construción dunha pasarela na estrada de Vilela. Temos un problema que debemos solucionar entre todos, deben convivir perfectamente os peregrinos co tráfico rodado e o que non pode acontecer é que haxa un medo constante por parte dos condutores a atropelar un peregrino e o que non pode acontecer é que os peregrinos teñan ese medo e identifiquen como zona de alto risco ese tramo. Polo tanto pedímoslle á Deputación a colaboración e se nos atenden levaremos un proxecto que xa fixemos para construír unha pasarela, como tamén pedimos que se converta a vella estrada de Santa Cruz, que non sabemos moi ben que fai nese abandono, nun miradoiro atractivo e ben coidado”.
O alcalde ribadense tamén pide á Deputación que “colabore con todas as entidades culturais e deportivas co concello de Ribadeo. Creo que o Concello está facendo un esforzo moi importante colaborando con todas estas asociacións, que son un exemplo de boa xestión, de traballo e de amor e entrega por Ribadeo. Tanto os colectivos culturais como os que organiza as festas polas parroquias e na vila tamén e as entidades deportivas todas son un exemplo e nestes momentos están recibindo colaboración por parte do Concello e tamén por parte da Xunta de Galicia”.
“O que se observa nesta explicación que acabo de dar son temas de interese para Ribadeo. Polo tanto pedimos esa reunión de modo urxente porque creo que despois de esperar tantos meses e solicitala tantas veces debe concedérsenos a oportunidade de explicar que investimentos son interesantes por parte da Deputación para Ribadeo”, remata Dani Vega.



















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



