O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Bombeiros recibiu este martes xunto á Alcaldesa da capital chairega, Marta Rouco, esta nova dotación de emerxencias na que a entidade investiu preto dun millón de euros
Lugo, 7 de maio de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo e Presidente do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Tomé Roca, supervisou este martes xunto coa Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e os Deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón e de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, un novo vehículo de altura que se incorporou hoxe ao Parque Comarcal de Bombeiros vilalbés grazas a un investimento de preto dun millón de euros.
José Tomé salientou que esta incorporación contribúe “a fortalecer a capacidade de resposta e a mellorar polo tanto a seguridade dos veciños e veciñas”. Detallou o mandatario provincial que o novo vehículo é unha “adquisición para dar unha mellor resposta ás intervencións de rescate en altura e situacións de difícil acceso porque lle permitirá aos efectivos unha maior capacidade operativa e unha resposta máis eficiente en situacións de emerxencia”.
O vehículo ten unha autoescaleira xiratoria automática co último tramo articulado de 30 metros, “que é moi versátil porque permite labores de acceso, salvamento e rescate en espazos aéreos ou altura, como na extinción de incendios en lugares elevados ou auxilio de persoas en inmobles”.
Con esta nova incorporación, o Parque Móbil do Consorcio conta con 28 vehículos. Cada un dos seis parques de bombeiros da entidade dispón neste momento de 3 camións (unha bomba urbana lixeira, unha bomba nodriza pesada e un vehículo de altura). Cada un deles é necesario para dar resposta ás posibles situacións que teñan que afrontar os bombeiros nas súas intervencións.
O Consorcio
O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento está formado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, cunha participación do 50% de cada institución, e inclúe os parques de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Vilalba, Sarria e Viveiro.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



