A Asociación Gastronómica da Pontenova, en colaboración con Viajes Lucus, celebrou este domingo un cocido ó que asistiron arredor de 300 persoas de toda a comarca. Viveiro, Trasbar, Xove, Burela, San Cibrao, Foz, Ribadeo, A Devesa, Lourenzá e o Occidente de Asturias foron algúns dos lugares de onde partiron autobuses para participar na xornada. “Os asistentes da Pontenova pagaron 15 euros coma os que viñeron nos seus propios coches e os que asistiron en autobús aportaron 5 euros para tal fin. A tarde estivo amenizada polo Dúo Muralla; mentres que da comida encargouse Antonio Vázquez de Mesón Sarredo e Viajes Lucus contribuíu para aportar o diñeiro do dúo e dos autobuses.
Cocido na Pontenova
Cocido na Pontenova
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación