Ribadeo, 28 de setembro de 2015.- O alcalde, Fernando Suárez, visitou na tarde deste luns no seu domicilio na rúa Reinante a Mª Encarnación Fernández Yáñez, veciña do municipio que cumpriu recentemente cen anos. Mª Encarnación naceu en Cedofeita, cursou en Lugo os estudos de mestra e impartiu clases en moitos municipios da Mariña. O seu primeiro destino foi San Acisclo, en Foz, ao que despois seguiron outros en Sante (Trabada), San Isidoro do Monte (Xove), Celeiro (Viveiro) e tamén na vila de Ribadeo, onde rematou a súa andaina profesional.
Mª Encarnación Fernández Yáñez recibiu de mans do alcalde unha placa que di “o alcalde e a Corporación Municipal de Ribadeo a dona Mª Encarnación Fernández Yáñez no centenario do seu nacemento. Con todo o noso agarimo”.
Tras a súa xubilación Mª Encarnación Fernández Yáñez viaxou por moitos lugares do mundo, segundo ela mesma lle contou ao alcalde: “ata cheguei a Xerusalén”.
A homenaxeada estivo acompañada nesta xornada por parte da súa familia e pola súa coidadora.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



