18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais de Cervo homenaxearon a unha veciña que celebrou este sábado o seu centenario

17-10-15

171015 FOTO CERVO HOMENAXE A CENTENARIA AMALIA GZLEZCervo, 17 de outubro de 2015.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Pilar Armada, homenaxearon este sábado a unha veciña do municipio que celebrou o seu centenario: Amalia González Baltar. Os representantes do Concello entregáronlle un ramo de flores e charlaron con ela antes dunha comida familiar na que houbo máis de 50 participantes.

Amalia González Baltar naceu na localidade cervense de Pedrosa e dedicouse a agricultura. Quedou viúva hai 29 anos. O seu marido era construtor, profesión que exerce actualmente un dos 10 fillos que tivo, dos que dous xa faleceron. Ten 16 netos e 12 bisnetos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive