01 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar á Deputación a reparar a estrada LU-P-2013 o seu paso pola parroquia de Nois

13-02-17

O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juán Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos días, puxéronse en contacto con nós veciños da parroquia de Nois, para indicarnos a necesidade que ten a estrada pertencente á Deputación Provincial de Lugo LU-P-2013, ó seu paso por esta parroquia, precisamente no punto Kilométrico 1,100 dunha profunda mellora no seu asfaltado por encontrase este bastante deteriorado a consecuencia da construción de novas vivendas nesta zoa nos últimos anos. Hai que recordar que esta estrada é a que vai todo pola beira do mar polo Fondo de Nois.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar á Deputación Provincial de Lugo á reparación do firme da estrada LU-P-2013 , punto Kilométrico 1,100 ó seu paso pola parroquia de Nois.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive