20 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CIG-Saúde pide a retirada do anteproxecto que suprime as áreas sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e o Salnés

09-08-17

Santiago de Compostela 9-8-17. A extinción da área sanitaria é unha das principais repercusións da aprobación do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galiza, que a converte nun mero distrito sanitario de Lugo.

O HULA absorberá a maior parte dos recursos sanitarios e os mariñáns deberán percorrer os 100 quilómetros de distancia coa capital aínda con maior frecuencia que agora.

Dende CIG Saúde A Mariña presentamos alegacións ao anteproxecto de Lei de Saúde de Galiza e:

1-. Esiximos a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galiza.

2.- Demandamos unha área de xestión integrada para A Mariña con plena capacidade de xestión en asistencia primaria e especializada e sobre os seus recursos humanos, económicos, infraestruturas e prestación de servizos da área sanitaria.

3.- Demandamos un xiro de 90 graos nas políticas tendentes á progresiva deterioración da sanidade pública e a súa mercantilización porque a sanidade pública non pode ser un negocio, é un dereito e patrimonio de todos e todas que non queremos perder.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive