Mondoñedo 09 agosto 2016. O presidente da Asociación organizadora das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto, adiantou esta mañá que Mondoñedo celebrará este ano 2017 as feiras máis antigas de Galicia entre os días 17 e 22 de outubro, cun amplo programa de actividades nos que se funde “cultura, feira, festa, tradición, arte e historia”.
Ademais de dar a coñecer os días da celebración das San Lucas 2017, Souto presentou o cartel anunciador dunha nova edición das feiras, obra do autor mindoniense Xosé Vizoso. O cartel das San Lucas 2017 é unha recreación da portada do libro editado este ano en homenaxe ao autor, nomeado Fillo Predilecto da cidade de Mondoñedo.
Souto lembra que Vizoso ilustrou en numerosas ocasións os carteis das San Lucas e “co seu estilo inconfundible, achegoulle unha imaxe facilmente identificable, reflexo de máis de 860 anos de tradición popular”. Con este motivo, dende a Asociación As San Lucas e o Colectivo Mondoñedo É, en colaboración co Concello, impulsaron o nomeamento de Vizoso como Fillo Predilecto de Mondoñedo e organizáronlle unha homenaxe o 25 de marzo deste ano.
Adianto do programa
Miguel Souto tamén adiantou unhas breves pinceladas do programa “no que estamos a traballar e que iremos dando a coñecer, unha vez estean pechadas de xeito definitivo as actividades que o integran”. Así, o presidente da Asociación As San Lucas explicou que “buscamos sempre poñer en valor o patrimonio cultural de Mondoñedo”. Con este obxectivo e coincidindo co centenario da homenaxe organizada a Pascual Veiga polas Irmandades da Fala da Coruña e polo Coro Cántigas da Terra e máis da constitución das Irmandades de Mondoñedo,-22 de outubro de 1917-; a Asociación As San Lucas ofrecerá este ano un acto homenaxe ao autor da música do himno de Galicia, coa colaboración de Cántigas da Terra.
De igual xeito, este ano fallarase a segunda edición dos premios Mondoñedo 10, creados pola Asociación As San Lucas en colaboración co colectivo Mondoñedo É, coa finalidade de establecer vencellos permanentes entre a cidade e o concello que lles dá nome coas mellores obras de creación cultural producidas en Galicia e en galego na actualidade. Neste premios, establécense varias modalidades, que se entregan anualmente. No 2016, Os Libros Arden Mal obtivo o primeiro premio á mellor novela de década e, neste edición 2017, premiarase á mellor obra de poesía.
O cabalo, epicentro das feiras
A historia das Festas e Feiras das San Lucas xira ao redor da figura do cabalo. “Así e un ano máis, dende 1156, o día grande, o 18 de outubro, centos de reses chegadas de todo o noroeste peninsular danse cita na Feira das San Lucas. Repartiranse importantes premios”, describe o presidente da Asociación, quen engade tamén que a véspera, o día 17, “dáse un momento dentro da programación das San Lucas que causa moita expectación, unha das mellores estampas das festas, o paseo dos cabalos polas rúas de Mondoñedo coma dende 1156 cara o campo da feira para ser vendidos”. Ao igual que nas pasadas edicións, haberá unha pantalla xigante na Praza da Catedral a través da que se poderá ver en directo o proceso que seguen o gandeiros para reunir os animais que viven no monte e baixalos ata o centro de Mondoñedo. “Estamos a traballar para axudar a visualizar mellor esa chegada xa que estamos ante un espectáculo etnográfico de relevancia e que cada ano atrae a un maior número de turistas e visitantes”, expuxo. Tamén se celebrarán concursos morfolóxicos de pura raza cabalo galego e de andadura.
As mellores orquestras
O programa das San Lucas cada ano complétase coas mellores actuacións musicais. Souto adiantou as orquestras que nesta edición amenizarán a verbena, que se celebra no campo da alameda da cidade. O día 17, actuarán Panorama e Grupo Beatriz; o 18, Palladium e Satélites; o 19, New York e Miramar; o 20, será o concerto da iniciativa Voces da Paula e poñerán música tamén a Principal e a Gran Parada; o 21 D’moda e Pontevedra e o 22, a orquestra Jerusalén.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



