19 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os socialistas trasladan aos traballadores o compromiso do Goberno de España para buscar solucións ao peche das plantas de Alcoa

09-11-18

Lugo, 9 de novembro de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos, acompañado da Deputada Socialista no Parlamento Galego pola Provincia de Lugo, Patricia Otero, mantiveron este venres unha reunión co Comité de Empresa de Alcoa, na planta de San Cibrao, no que tamén participaron o resto de grupos políticos na Cámara galega.

Santos Ramos trasladou aos representantes dos traballadores a postura do Goberno Socialista en España en relación a esta problemática. Neste eido, explicoulles que haberá unha mesa de traballo conxunta na que participará o Executivo Estatal, o Galego e o Asturiano, así como diferentes axentes sociais implicados para buscar unha solución que sexa o máis rápida e viable posible co fin de evitar o peche das factorías da Coruña e Avilés e manter, deste xeito, máis de 700 postos de traballo.

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo subliñou “o compromiso do Goberno Socialista para ofrecer, antes de que remate o ano, un paquete de medidas que estimulen a actividade e competitividade da industria electrointensiva no territorio, ademais de activar a subasta de interrumpibilidade”.

“Ábrese un escenario de esperanza, na que os socialistas proporemos alternativas de futuro para as plantas de Galicia e Asturias, elaborando un marco estable no ámbito enerxético para este tipo de industria”, engadiu Santos Ramos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive