Burela, 9 de novembro de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, pide a dimisión do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, polas súas declaracións e pola actitude mantida co CEIP Virxe do Carme. O rexedor subliña que o Concello leva investidos máis de 23.000 euros en diferentes arranxos nese centro ao marxe das tarefas de mantemento correspondentes. Alfredo Llano considera que o único que fai José Manuel Balseiro en Burela e na Mariña é confrontar e crispar, de aí que pida a súa dimisión. Ademais lémbralle as asignaturas pendentes da Xunta coa Mariña e a perda de servizos. Acúsao de acabar coa área sanitaria da Mariña, advirte da posible perda da subvención europea para a construción da nova Edar de Burela e culpa á Xunta do retraso para a construción do martelo de seguridade no porto burelés.
O alcalde declarou: “sorprenden as declaracións do señor Balseiro con respecto ao que se está a facer no colexio Virxe do Carme. En primeiro lugar teño que dicir que para vir dicir a Burela o que veu dicir era mellor que o falara por teléfono e aforraba os cartos públicos no transporte, no coche que trouxo, na gasolina que consumiu e no chofer que o acompañou. Vir dicir estas barbaridades ao noso concello, intentando confrontar á comunidade educativa dos Castros co Concello é unha irresponsabilidade absoluta. Este señor, que está demostrando todos os días que é un profesional da política, que soamente está na política porque vive moi ben dela, entón ten que quedar moi ben cos seus xefes e tratar de gañar méritos para que non o voten de aí, o único que fai é descubrir e poñer a cara descuberta o nivel político, persoal e de relación que ten este señor”.
Alfredo Llano dixo que “Balseiro é o representante da Xunta de Galicia na provincia de Lugo e na Mariña non podemos estar contentos con el porque realmente non fixo absolutamente nada por esta comerca. Tiña que estar pedindo perdón un día si e outro tamén aos 90.000 habitantes que conformamos a comarca ao reventar a área sanitaria da Mariña, hai que ver en que condicións agora está funcionando o Hospital. Na vía de alta capacidade, que tamén é unha responsabilidade deles, o único que fixeron foi illar totalmente a Xove facéndolle unha variante e non fixeron outra labor en todo este tempo”.
O rexedor burelés seguiu a relatar: “hai que ver tamén o que está pasando coa Edar de Burela, están mirando para outro lado cando realmente o compromiso é o de realizar a Edar antes do ano 2020. Estou seguro de que van perder a subvención de fondos europeos, que son 9 millóns de euros porque son uns irresponsables, por non dar un paso para adiante, non fan absolutamente nada. Están colgando nos orzamentos, un ano si e outro tamén, o martelo protector no porto de Burela. Levamos catro anos e aínda non se fixo nada de nada”.
Alfredo Llano fixo fincapé en que “levan catro anos, xa está acabando a lexislatura, onde tiñan que ter actuado no colexio Virxe do Carme, e non fixeron absolutamente nada de nada. Que veñan agora, no último momento dicindo que van actuar e de todo o que lle acontece ao colexio pásanlle a bola ao Concello de Burela, é unha irresponsabilidade absoluta. Por esa razón, dado que non representa a ninguén, dado que soamente se dedica a dicir barbaridades co único fin de manterse no posto, con esa confrontación que intenta inventar de facernos ver algo que non é real, por iso lle digo que dimita, que se vaia para casa, que así non imos ben con el, é imposible ter unha postura razoable con esta xente que descubre perfectamente o nivel ao que está traballando”.
O alcalde engadiu: “ven anunciando 23.000 euros que van acometer inmediatamente para a semana que ven. Agora vai todo apurado e queren dar unha idea xeral de que teñen moito interese. Resulta que o Concello de Burela sen ter atribucións directas no investimento, xa leva investido bastante máis de 23.000 euros no arranxo do colexio. Facémolo porque pensamos que debe existir unha normalidade na dotación porque hai que pensar que en Burela os nenos e as nenas que van ás clases teñen que ter as mellores condicións posibles. Por esa razón estamos actuando e levando temas para adiante que nin sequera nos corresponden facer, porque unha cousa é investimento e outra mantemento. Temos unha persoa constantemente nese colexio e estamos facendo inversión. Hai que ver o que se fixo no ximnasio por exemplo, que demostra claramente que por aquí non veñen nin de broma, porque incumpría sistematicamente moitísima normativa de seguridade. O ximnasio era algo que non se podía estar empregando e pensando sempre no ben común, no ben dos rapaces que van ao colexio, fixemos un investimento grande cambiando as barras fluorescentes que tiñan por unhas leds, porque aquilo era un perigo constante”.
O alcalde manifestou: “que veñan agora a última hora dicindo que van facer o que non fixeron en catro anos e que aquilo que lle corresponde, pola súa responsabilidade e porque teñen ese deber, lle veña pasando a bola de que foi un mal mantemento do Concello, é buscar crispacións e o único que ven aquí é a confrontar e iso non vale para nada. Si vemos que este señor non ten nivel, para estar no cargo que está, que vaia dimitindo, que o vaia deixando, porque realmente penso que non lle debemos favor ningún”.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



