20 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Pagar impostos en Lourenzá?”, por R. Oural

08-05-19

Son un cidadán que levo bastantes anos pagando impostos en Lourenzá, e a miña pregunta é para qué. Pequenos asuntos de diario que se podian solucionar nunhos días, ou tardan moito ou xa directamente non os solucionan. No meu caso non solucionaron ningún. Deixándome nunha indefensión total .

Qué pasa, por exemplo, coa Lei de prevención de incendios forestais, que obriga aos propietarios de montes próximos a vivendas a cortar as árbores nesa franxa de 50 m que esixe dita norma? Qué fai o concello respecto a este asunto ? Por lei ten que esixir aos propietarios que manteñan limpa esa franxa. O 31 de maio remata o prazo para que esa norma se cumpra. Non vexo que se faiga nada ao respecto. Teño unha casa con bodegas con eucaliptos a unhos 8 m. destas, ata os 50 m. aínda falta, non ? Para cando ? Si pasa algo quen asume a responsabilidade?

Entón volvo a pregunta, para que pago impostos ? Nestes días están a presentar a candidatura socialista para as municipais de maio do 2019 en Lourenzá. A sra. alcaldesa fala de que ofrecen : “ a seriedade, a honestidade e o compromiso cos veciños “. E que escoitará sempre a éstes. No meu caso vin mais ben ineptitude, deixadez e de escoitar ó veciño, nada de nada.
Fixen solicitudes e reclamacións no concello, para que éste, como propietario dun monte colindante con un meu, cortase as polas ou as árbores que invaden a miña parcela, ata metade en algun caso, causando un grave prexuizo na miña plantación. Levo 4 anos reclamando que cumpra coa sua obriga, como propietario, segundo o artigo 592 do Código Civil moi claro sobre o tema, e non se fixo nada, cando se podía solucionar en 8 días, si tivera vontade . Falei varias veces coa alcaldesa , intentando razoar sobre as miñas peticións e non houbo resposta efectiva: dilacións, desculpas, ineficacia , mala fe ? Incluso, me atrevo a decir prevaricación por omisión. Esgotada a pacencia, mandeille un requerimento con acuse de recibo con entrada no concello o 8/4/2019.
Que alternativa me queda? Ir a un contencioso ? Caro e lento. Entón para qué pagar impostos. Facer un requerimento xudicial ?. Denunciar a sra. alcaldesa por prevaricación o non actuar nun asunto que sabe que é inxusto ? Parece surrealista e kafkiano, pero é o que temos nesta inmadura democracia.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive