Lugo, 8 de Maio de 2019. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentou, este mércores na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, o novo spot audiovisual Lugo Inédito e outros 6 vídeos máis para promocionar o turismo da provincia. Todo este novo material audiovisual inclúese na campaña de promoción turística do conxunto da provincia Lugo Cambia que impulsa o Executivo Provincial desde hai 2 anos.
Vidal Baamonde subliñou que “de cara a próxima tempada de verán, co vídeo Lugo Inédito en 7 idiomas, e os demais 6 vídeos dos nosos xeodestinos intensificamos a campaña Lugo Cambia para captar a atención de máis viaxeiros nacionais e estranxeiros e atraer máis turistas. Na provincia de Lugo, enuméranse máis dunha trintena de lugares de interese turístico que teñen o privilexio de poder etiquetarse como únicos no mundo. No vídeo Lugo Inédito amosamos unha selección deles como, por exemplo, a muralla de Lugo ou a Praia das Catedrais, entre outros”.
O vídeo Lugo Inédito e o resto de material audiovisual da campaña Lugo Cambia proxectarase na Feira de Turismo Expovacaciones en Bilbao na cal a Deputación estará, do 10 ao 12 de maio, cun stand propio. Co fin de que este audiovisual acade unha maior proxección internacional, editouse en 7 linguas: inglés, italiano, portugués, alemán, francés, galego, e castelán. Estes vídeos publicaranse na canle de Youtube da área de Turismo da Deputación de Lugo. A guía completa dos espazos de Lugo Inédito pódese consultar na web de Turismo da Deputación e serve de proposta e fío condutor para coñecer toda a provincia a través de elementos do seu patrimonio que a fan diferente.
Vídeo Lugo Inédito
O novo spot promocional Lugo Inédito contribúe á divulgación de 13 lugares de interese turístico que teñen o privilexio de poder etiquetarse como únicos no mundo: a muralla de Lugo, única no mundo que conserva íntegro o seu perímetro; a Praia das Catedrais, unha das mellores praias do mundo; a Serra do Courel, referente mundial de xeoloxía e recentemente declarado Xeoparque Mundial; A Ribeira Sacra, a maior concentración de románico rural de Europa; Lugo, a provincia española con máis quilómetros de Camiño de Santiago; San Pedro de Fiz de Hospital en O Incio, única igrexa de mármore do mundo; San Martiño de Mondoñedo, a catedral máis antiga de España; as pallozas dos Ancares, testemuñas dunha forma de vida única; o castro de Fazouro, único castro marítimo escavado no Cantábrico; Santa Eulalia de Bóveda; un dos grandes enigmas da arqueoloxía; o Souto da Retorta, un bosque con árbores xigantes; Ribeira Sacra, un viño de heroes; A fortaleza de Pambre, única fortaleza galega imbatible nas Revolucións Irmandiñas.
Microvídeos para promocionar os xeodestinos provinciais
Con imaxes impactantes que amosan a gran beleza da provincia, o documental e os outros 5 microvídeos potencian os atractivos turísticos dos 4 xeodestinos da Ribeira Sacra, A Mariña, a Montaña e a Terra Chá e da provincia en xeral. Estes novos spots, que se atopan nas redes sociais oficiais da Deputación e en www.deputacionlugo.gal, no apartado específico sobre turismo, difundiranse a nivel internacional en reputadas plataformas para dar a coñecer os lugares de interese turístico máis singulares e únicas da provincia co obxectivo de atraer á provincia máis visitantes e coñezan lugares inéditos. En primeiro lugar, farase en medios de Galicia, España e Portugal, posto que son as zonas inmediatas de captación de turistas.
O turismo como motor económico da provincia
A presentación deste novo material audiovisual é un paso máis no traballo do Goberno da Deputación para promover o conxunto do territorio lugués e facer do turismo un motor económico da provincia capaz de xerar emprego e riqueza. Neste senso, a campaña Lugo Cambia enmárcase no primeiro Plan Estratéxico de Turismo, totalmente participativo que elaborou o Executivo.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



