21 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A IV carreira nocturna Burela Bonita terá lugar o 20 de xullo. A inscrición, que está aberta, pecharase o día 18

08-07-19

 Burela, 8 de xullo de 2019. O Concello de Burela presentou a carreira Burela Bonita que se celebrará o sábado 20 de xullo. Trátase do cuarto circuíto urbano nocturno que dará comezo ás 22:30 horas, na praza da Mariña. As inscricións poden realizarse ata o 18 de xullo en www.championchipnorte.com.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, dixo que “este ano temos a carreira dos nenos que vai empezar ás sete da tarde, imos intentar axilizar a súa carreira para entregarlles os premios antes de que sexa a de adultos”.
O edil burelés subliñou que “o obxectivo que nos marcamos é que a participación siga incrementándose como ocorreu todos estes anos. É unha proba que aos atletas que a fan lles gusta moito porque ten un percorrido moi bonito. Ademais ten a peculiaridade de que é nocturna”.
Ramiro Fernández animar á xente a participar: “poden apuntarse na páxina de www.championchipnorte.com e que se animen a disfrutar dunha carreira moi espectacular aquí en Burela con nós”.
O prezo das inscricións é de 10 euros e a recollida de dorsais realizarase na praza da abastos o 19 de xullo en horario de 18:00 a 20:30 e o día 20 entre as 19:00 e as 21:00 horas.
Os premios, na carreira de 10 quilómetros, serán de 100 e 50 euros para primeiro e segundo en categoría masculina e feminina e trofeo para o terceir@. Ademais haberá un premio de 100 euros para o primeiro corredor ou corredora local. Na carreira de 5 quilómetros haberá trofeos para o primeiro, segundo e terceiro, na categoría masculina e feminina.
O Concello de Burela organiza este evento en colaboración coa Deputación de Lugo, CCNorte, Contraste Food & Drinks, Peugeot Pomeda, CCA Burela e EcoClima.
O evento deportivo foi presentado esta tarde a bordo do barco museo Reina del Carmen. Alí estiveron o alcalde, Alfredo Llano, o edil de Deportes, así como representantes das empresas patrocinadoras e das forzas de seguridade, que velarán polo bo desenvolvemento da carreira.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive