20 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Vista Alegre volta á elite o 14 de setembro, con Industrias Santa Coloma

11-07-19

 Burela 11-7-19. O Pescados Rubén Burela FS e Vista Alegre voltarán á elite o 14 de setembro, coa visita de Industrias Santa Coloma na primeira xornada de liga. Así o deu a coñecer hoxe a LNFS na asamblea na que aprobou os calendarios de Primeira e Segunda e onde tamén se concedeu moratoria para a reforma do pavillón burelao.

A entidade laranxa quere amosar o seu agradecemento aos clubs que amosaron o seu apoio para esta aprobación, permitindo que a Bomboneira siga sendo pista habitual de xogo esta tempada, a excepción dos partidos televisados. A LNFS visitará nos vindeiros días as instalacións de Viveiro para valorar se cumpren os requisitos televisivos.

Xornada 1
Aspil Jumpers Ribera Navarra – Movistar Inter
Jimbee Cartagena – Barça
Fútbol Emotion Zaragoza – Peñíscola
Jaén Paraíso Interior – Viña Albali Valdepeñas
Palma Futsal – Levante UD
Córdoba Futsal – Osasuna Magna
Pescados Rubén Burela – Industrias Santa Coloma
O Parrulo Ferrol – ElPozo Murcia

Os pupilos de Juanma Marrube terán unhas saídas complicadas no inicio de calendario, cos desprazamentos á pista do Movistar Inter, ElPozo Murcia e Barcelona nas xornadas 4, 6 e 8. O primeiro derbi irmandiño con O Parrulo Ferrol tamén será a docimicilio, na xornada 10, o 23 de novembro. Coa chegada do Nadal, o 21 de decembro, o Pescados Rubén pechará a primeira volta, de novo na casa, con Jimbee Cartagena FS.

Para a segunda volta, que se clausurará o 2 de maio, a Bomboneira cobrará protagonismo, acollendo aos tres grandes, entre o 21 de xaneiro e o 29 de febreiro, e o duelo galego, o 21 de marzo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive