17 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, entregou o primeiro premio do IX certame Cervo Respecta

13-08-19

 Cervo, 13 de agosto, 2019. O concurso de fotografía Cervo Respecta, que organiza cada ano o Concello de Cervo,contou con 53 fotografía participantes.

O gañador foi Antonio Herrera Huerta (1º premio Cervo Respecta e Premio Top Cervo, mellor fotografía que representa unha paraxe de Cervo) coa súa instantánea “Tormenta sobre los Farallóns”, que recibiu 50 puntos, e que describe así: nunha noite tormentosa os raios iluminan o ceo deixando a contraluz o arquipélago das Farallóns. A unha milla de San Ciprián, os islotes son testemuñas da historia mariñeira da vila, referencia para navegantes e orixe de lendas.

O gañador recibiu da man da edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, unha figura de cerámica de Sargadelos e un vale de 150 euros para empregar en establecementos do Concello de Cervo, polo 1º premio Cervo Respecta; e 50 euros polo premio Top Cervo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive