13 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O XXV Festival de Bandas de Ribadeo, celebrado o sábado, trasladouse polo mal tempo ao auditorio municipal, que se encheu de público. Antes a Banda Municipal de Meira e a ribadense fixeron un pasarrúas

12-08-19

 Ribadeo, 12 de agosto de 2019. O XXV Festival de Bandas de Ribadeo, celebrado o pasado sábado, trasladouse polo mal tempo ao auditorio municipal, que se encheu de público. Antes a Banda Municipal de Meira e a ribadense fixeron un pasarrúas desde a entrada do Teatro ata o parque de San Francisco.
No festival a Banda de Meira, dirixida por Francisco Javier García Canto, interpretou El abanico, de Alfredo Javaloyes; Moment for Morricone, de Morricone-de Meij; The second waltz; de D. Shostakovich; The Beatles in concert, arranxada por W. Hautvast; Abba Gold, de R. Sebregts; e como bis tocou Mi gran noche, de Raphael.
E a Banda Municipal de Música de Ribadeo, que dirixe David Ballester Martínez, estreou estas pezas: Rosal de Plata, de Andrés Pérez; Antarctica, de Carl Wittrock; A Froghitters´ fantasy, de Bart Picqueur; e Heijamano, de Bert Appermont. Como bis intrepretou Medley Boleros II.
Ademais os concelleiros Jorge Díaz e Pablo Vizoso e da presidenta de Amadores da Música, Elisa Álvarez, entregaron agasallos ás dúas bandas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive