24 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta financiará 4 obradoiros de emprego en 7 concellos da Mariña cun investimento de 1,18 m€

30-09-19

 A Mariña, 30 de setembro de 2019. A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará a posta en marcha de 4 obradoiros de emprego que implican a 7 concellos da Mariña de Lugo, para o que destina un orzamento de 1,18 millóns de euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, informou hoxe da resolución, por parte do Consello da Xunta, da convocatoria de axudas dirixidas a concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes para a posta en marcha destas iniciativas.

Os obradoiros aprobados na comarca permitirán a contratación de 94 persoas, entre alumnos-traballadores (un total de 76) e persoal de dirección, administración e monitores (18 contratos).

Os beneficiarios recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.

Dos 4 obradoiros que se porán en marcha na Mariña, 3 deles serán duais, cunha duración de 9 meses: Os de Ribadeo Alén do Camiño, tamén o de Sendas de Xove, Cervo e Burela VI e, finalmente o Terras do Sor III que comparten os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras

Ademais, desenvolveranse un talleres de garantía xuvenil, en Ribadeo -’Doc Tic III’, dirixido especificamente a mozo e moza menores de 30 anos. Terá unha duración de 6 meses e os participantes deben estar inscritos e en situación de beneficiarios no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da comunidade autónoma.

O inicio dos obradoiros duais está previsto para o mes de novembro. En canto aos taller de garantía xuvenil, xa se atopa na fase de selección de persoal e comezarán en breve.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive