Santiago de Compostela, 30 de setembro de 19. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, cualificou hoxe de “ridículas” as aportacións previstas pola Consellería do Mar para contribuír a frear os efectos do cambio climático. Otero presentou unha pregunta en Comisión na que criticou que este departamento destine menos do 0,2 por cento do seu orzamento para un obxectivo da relevancia como é a loita contra a crise climática.
A responsable socialista criticou a “pouca iniciativa” amosada pola Consellería neste sentido, xa que a súa aportación redúcese a 140.000 euros para limitar o impacto da pesca no medio mariño, 100.000 á mellora da eficiencia enerxética e outros 80.000 para a substitución de motores. Reclamoulle ao Executivo autonómico que “deixen de votar balóns fora” e asuman a súa parte da iniciativa para frear unha situación que terá consecuencias irreversibles sobre a biosfera.
Dixo que as accións de cara a un desenvolvemento sostible son “necesarias e posibles se as institucións establecen os recursos que propicien a innovación tecnolóxica e os cambios nas condutas para adaptar” aos sectores implicados. Reivindicou medidas de apoio concretas e tamén “accións de divulgación e sensibilización en relación aos cambios que se están a producir na pesca pola evidencia do cambio climático”.
Otero citou as conclusións da recente folga mundial polo clima, que o pasado venres reclamou a declaración da emerxencia climática e supuxo unha chamada de atención pola urxencia de reducir á metade a emisión de gases contaminantes nos próximos 10 anos.
Alertou de que o horizonte ao que se encamiña a humanidade pasa por vagas de calor máis frecuentes e intensas, secas, chuvias extremas e inundacións, o aumento do nivel do mar ou o incremento do nivel de acidez dos océanos, maior risco de pragas agrícolas, desprazamentos de especies e cultivos a zonas elevadas, desxeo acelerado e lumes máis voraces en épocas non habituais.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



