24 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Inicio oficial do curso para o futuro laranxa

30-09-19

 Burela, 30 de setembro, 2019. Arranca a semana co inicio oficial do curso para a Escola Pescados Rubén Burela FS e o comezo de adestramentos de todas as categorías. Un total de 11 monitores compoñerán o profesorado da estrutura de base, que para a tempada 2019-20 reunirá máis de 150 alumn@s e 12 equipos entre Chupete, de tan só 3 anos, e Xuvenil, de 18.

Xunto á dirección de Alfonso Mera e a coordinación de Christian Fustes, continúan ao coidado das Nosas Xoias Mario Pillado, Míchel Couceiro, Samuel Basanta, Jairo Campo e o xogador de Primeira LNFS Luisma; retoman tarefas na formación de base ademais Pablo Díaz, Iván Cao ‘Lucas’ e David Riveira, xunto á incorporación de Xela Bernardo.

Ademais da dobre sesión semanal de adestramentos, o alumnado entre as categorías Prebenxamín e Xuvenil poderán perfeccionar a súa aprendizaxe e destreza deportivas con sesións específicas de portería e de coordinación ao longo de todo o curso.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive