Lugo, 30 de setembro, 2019. Os deputados populares da Deputación e os edís do PP de Xermade e Vilalba amosan todo o seu apoio e solidariedade aos traballadores da central térmica de Endesa en As Pontes, coa industria auxiliar e cos transportistas vencellados a ela e co Porto de Ferrol. Esixen ao Goberno de España a aplicación de medidas urxentes para garantir a inmediata reapertura da central. Deste xeito, dende o PP continúan co frente común iniciado dende que se coñeceu esta noticia, e fano co fin de que non se destrúa máis emprego na provincia.
O peche desta industria tería implicacións “dramáticas” para Galicia, pero tamén para a provincia, concretamente para a Terra Chá e A Mariña. Tal é así que suporía a perda de centos de empregos neste municipios e tería un impacto económico e social cunhas consecuencias “moi prexudiciais” para estas dúas comarcas; de aí que nas iniciativas presentadas polos populares, e se os socialistas non dan unha solución, consideren que a ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, debería presentar a súa dimisión.
A central térmica de As Pontes é o maior grupo de produción de enerxía de Galicia. Dá emprego directo a 700 persoas e xera un impacto económico na zona de 80 millóns de euros. Dende marzo de 2018, a instalación estaba inmersa na adaptación á Directiva de Emisións Industriais da Unión Europea, comprometendo un investimento de 217 millóns de euros para garantir unha alta eficiencia ambiental e cumprir máis aló dos requisitos da norma comunitaria.
A entidade acordou a paralización da súa actividade dende hai cinco meses e suspendeu gran parte da execución do investimento previsto, como consecuencia dunha política enerxética desordenada por parte do Goberno de España, que avoga polo abandono anticipado do carbón sen dar resposta ás consecuencias en termos de actividade e emprego nos territorios afectados, nin en termos de garantía da subministración eléctrica a un prezo competitivo.
Foi o 27 de setembro cando a propia empresa confirmou a descontinuidade da produción das súas centrais, entre elas a de As Pontes. Por este motivo, dende o PP consideran que “non podemos manternos impasibles ante o desmantelamento dun sector económico que xera moita riqueza” e amosan “a unidade de acción para denunciar este novo castigo e esixir inmediatamente solucións que garantan o futuro, os emprego e eviten unha nova reconversión industrial nesta zona”.


















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



