19 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Mes de mobilidades Erasmus+ no IES de Foz

11-09-19

 Foz, 11 de setembro, 2019. Durante o mes de setembro realizaranse 7 mobilidades de alumnado e profesorado no IES de Foz, dentro do Programa Erasmus+.
A primeira delas é a de dous alumnos do Ciclo Medio de Cociña que realizarán tres meses de prácticas nun hotel de luxo no sur de Turquía, na rexión de Antalya.
Esta mobilidade está enmarcada dentro da modalidade Erasmus Pro do programa
KA102 “FAE”, concedido ao IES de Foz en xuño. As bolsas Erasmus Pro, para alumnos de FP, son de longa duración e están subvencionadas con 530 euros para o desprazamento e 3628 euros para a estadía.
Durante os primeiros días estará acompañada pola coordinadora Erasmus do IES de Foz, Leticia Maseda, quen, dentro dunha Bolsa Erasmus de acompañamento, axudará aos alumnos a instalarse no país e colaborará co centro turco de hostalaría “Sule Muzaffer Buyuk Mesleki ve Teknik Anadolu Lisesi” de Manavgat, socio Erasmus do IES de Foz, que titorizará os alumnos en Turquía o resto da estancia.
Este ano é a primeira vez que o IES de Foz conta cun programa Erasmus+ KA103 para Ciclos Superiores. Dentro deste programa, que empezou en xuño, temos dúas mobilidades a finais de setembro. O director do IES, Nicolás Asensio, e o noso inspector educativo, Javier Sánchez, realizarán unha mobilidade na rexión de Baden- Wurtermberg, en Alemaña. Durante seis días visitarán centros de FP de hostalaría da comarca, para ver in situ como traballan e como funciona o sistema educativo alemán. Ademais visitarán
empresas que colaboran coa FP Dual alemá.
Tamén dentro do KA103, dúas alumnas do Ciclo Superior de Dirección de Cociña traballarán en Italia durante dous meses. Realizarán prácticas no restaurante “Osteria Al Becco Della Civetta”, da nosa socia Erasmus María Antonietta Santoro, quen visitou o instituto en 2018 e acaba de abrir un novo restaurante en Matera, Capital Europea da Cultura en 2019.
O obxectivo destas actividades é principalmente o de aumentar a empregabilidade do alumnado e favorecer as súas perspectivas profesionais, ademais de mellorar a autocapacitación e autoestima, os coñecementos de linguas estranxeiras e ampliar a súa concienciación intercultural.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive